O emprendemento galego estará presente no South Summit 2017
venres, 21 de xullo do 2017
Entre os días 4 e 8 de outubro celebrarase en La N@ve de
Madrid o South Summit 2017, un evento
de referencia que conecta aos emprendedores máis innovadores con investidores
mundiais e empresas que buscan mellorar a súa competitividade a través da
innovación, e que conta con conferencias e debates con líderes mundiais,
xuntanzas con business angels e
empresas de capital ricos e incluso unha Startup Competition coas mellores
historias de éxito.
Precisamente neste último apartado realizouse unha selección de proxectos
repartidos nas categorías de Smart Mobility; The New Money; Healthcare &
Biotech; Sustainability & Green Tech; Travel & Tourism; Content &
Channels; Lifestyle & Fashion e Art & Culture, dos que un cento terán
presenza no encontro cun espazo de seu para dar a coñecer o seu proxecto ante
empresas e investidores que acudan ao evento, para o que valoráronse factores
como a innovación, a viabilidade e a escalabilidade das súas tecnoloxías.
Das 100 startups seleccionadas
podemos destacar 3 proxectos galegos: Avansig (iniciativa coruñesa de sistemas
de navegación autónomos como o un
dron de videovixilancia desenvolvido para Prosegur), Councilbox Technology
(ferramenta viguesa para organizar reunións corporativas en contornos de
seguridade xurídica que permita aos accionistas asistir a distancia e votar) e
Situm Technologies (multipremiado proxecto de
tecnoloxía de localización en interiores).
A participación galega non encontro non se limitará aos proxectos participantes
na competición de proxectos emprendedores, senón que entre os relatores desta
edición tamén podemos atopar ao vigués José
Iglesias, director de UP Global en Europa e director dos programas de startups de Techstars para Europa, Oriente
Próximo e África.