Vigo acolle esta semana un congreso de ciberseguridade

martes, 9 de abril do 2024 Marcus Fernández

Os vindeiros días 12 e 13 celebrarase unha nova edición de VICON, o Congreso de Ciberseguridade de Vigo, nacido a partir dun Hack&Beers en 2017 até evolucionar nun evento máis formal no que poder asistir a relatorios e obradoiros sobre seguridade informática e poder interactuar cos asistentes e relatores.
Esta nova edición de VICON terá lugar no Círculo de Empresarios de Galicia, estando aínda aberta a compra de entradas para poder acudir ás súas distintas sesións repartidas entre o venres e o sábado.

O venres terán lugar as seguintes actividades:
10:00 - Desenmascarando a Hermes: Tejiendo nodos para a loita contra a cibercriminalidade - Alberto González
11:00 - Heap Heap Hooray - Descubrindo a vulnerabilidade de heap overflow do GLIBC (CVE-2023-6246) - José López Martínez
12:30 - Seguindo a pista ao grupo APT Lazarus e as súas actividades recentes ao redor do mundo - Josep Albors
13:30 – Threat Hunting Operations and Research (THOR) – Iago
15:30 - Obradoiro: Elevación de privilexios en Linux - Manuel González Regal
16:00 - A nova era dos bootkits: Persistencia e evasión desde o núcleo - Alejandro Vázquez Vázquez
17:00 - Análise forense dunha ciberestafa - Juan Arce Luzuriaga
18:00 - Eu, cryptobr0: Seguridade en crypto - Andrés D. Naranjo Venegas

O programa de actividades do sábado será o seguinte:
9:30 - Os veos de Maya II. As desventuras de Pepe Lotas - Carmelo Toledo
9:30 - Obradoiro: Lockpicking - Mario Álvarez
10:30 - Abusando dos documentos públicos - Tomás Isasia
12:00 - Evasión de restricións USB básicas e avanzadas - Joel Serna
13:00 - Travelling OpSec: Viaxes e seguridade operacional - David Marugán
15:00 - Obradoiro: Threat Hunting 101 - Ángel Luis Veloy Mora
16:00 – Dark Territory: Paralizando a rede ferroviaria dun país enteiro - David Meléndez e Gabriela García
17:00 - Estratexias de ciberseguridade para analistas de calidade de software - Sara Martínez Giner
18:00 - Hardware4Hacking - Pablo Trujillo

PUBLICIDADE