Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O vídeo-currículo de Luis Castro, recoñecido cun prestixioso galardón nos Estados Unidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O vídeo-currículo de Luis Castro, recoñecido cun prestixioso galardón nos Estados Unidos

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/12/2012
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

luis_castro_video-2.jpgO vídeo en liña do mozo Luis Castro, do que falamos a comezos de ano para dar conta da súa boa acollida como método axeitado para normalizar unha serie de cousas (o uso das novas canles para a procura de actividade laboral, a creatividade posta en xogo nese proceso, a concorrencia de persoas con diversidades funcionais ou motrices no mercado laboral en total igualdade de condicións, etc), vén de obter un importante recoñecemento polos positivos valores que achega e polo atinado do seu compoñente viral. O vídeo en cuestión, que acadou unhas 300.000 descargas en YouTube, foi premiado en Estados Unidos co galardón John Caples 2012 (edición 34), a categoría de Viral Video Marketing.
Como lembraremos, o reclamo en liña de Luis Castro forma parte dunha campaña de FSC Insire e a Fundación ONCE, co-financiada co Fondo Social Europeo, para promover a sensibilización sobre a necesidade de non facer discriminacións, nin dende o empresariado nin dende a sociedade en xeral, á hora de concibir o mercado laboral.
Os premios John Caples foron creados en 1978 por Andi Emerson, un pioneiro da mercadotecnia
directa que lles deu o nome do senlleiro redactor John Caples. Os galardóns diríxense a distinguir os mellores traballos do mundo en mercadotecnia directa e interactiva. Con sede en cincuenta países estes galardóns están financiados por axencias, clientes e provedores e son xestionados por voluntarios da industria publicitaria.
O vídeo-currículo de Luis Castro foi igualmente galardoado co premio ouro Eficacia 2012, recoñecemento especial á concienciación, prata FIAP 2012, na categoría de Prensa e Relacións Públicas e finalista na categoría Interactivos de FIAP 2012 na de Ideas, Comunicación institucional e Patrocinios do Club Creativos 2012. Tamén recibiu o premio Laus 2012 na categoría Dixital e foi finalista dos premios O Sol 2012.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?