Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Optare apuntalará nun proxecto europeo a chegada masiva da tecnoloxía 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Optare apuntalará nun proxecto europeo a chegada masiva da tecnoloxía 5G

Redacción
Publicado: 10/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

optare-2.jpgA firma viguesa Optare Solutions, responsable de cousas como a comunidade Natural Born Telco ou a plataforma de análise masivo de uso das telecomunicacións BDA4T, vén de dar comezo á que sería, segundo os impulsores da compañía, o desenvolvemento da tecnoloxía que dará alicerce ás novas telecomunicacións 5G da contorna europea. No proxecto para achegar unha base sólida a este novo chanzo da Sociedade da Información participan tamén compañías como Alcatel ou Telefónica. Optare é a única PEME galega e estatal que subministra a súa experiencia e capacidade de innovación no proxecto, chamado Sonata. A concorrencia de Optare materializouse grazas a ter gañado un concurso público específico convocado pola Unión Europea.
Segundo informa Optare, a nova tecnoloxía que se vai impulsar a través de Sonata mellorará, e moito, as posibilidades actuais da comunicación. Non só a que se establece entre as persoas, senón tamén a que existe xa (aínda que non a todos os niveis) entre persoas e obxectos, e entre obxectos e obxectos (o que se coñece como Internet das Cousas, polas súas siglas en inglés IoT). O consorcio internacional que impulsa o proxecto Sonata desenvolverá o seu labor ao longo dos vindeiros catro anos. O reto é construír unha plataforma que sirva de lanzadeira de proba e experimentación para o espallamento da tecnoloxía 5G en toda Europa a partir do ano 2021. Neste desafío común, a firma galega será a encargada de construír un programa que sexa quen de realizar o cometido das actuais centrais telefónicas pero con tecnoloxía e posibilidades avanzadas e, sobre todo, achegando elementos clave de eficiencia e rendibilidade. Dito doutra maneira: trataríase de minimizar as infraestruturas propias das centrais telefónicas e pór en xogo, a todos os niveis, meirandes ingredientes de virtualidade. O reto é reducir o tamaño dos equipos, os custes e o traballo despregado por todos os traballadores implicados, ao tempo que se gaña en operatividade, funcionalidade e posibilidades de conexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?