Os directores de eldiario.es, lavozdegalicia.es e elconfidencial.com participan nun foro en Compostela

venres, 13 de xaneiro do 2017 Redacción

Representantes dalgúns dos medios dixitais galegos e estatais de meirande influencia na Rede participarán a semana vindeira en Santiago nunha xornada de debate acerca da cobertura informativo arredor dos conflitos internacionais. A actividade, inserida nos foros Revbela da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, celebrarase o xoves no Hotel Eurostars, ás 18.30 horas. Na cita participarán os directores de eldiario.es, Ignacio Escolar, da edición dixital de La Voz de Galicia, Tomás García Morán, e de elconfidencial.com, Alberto Artero. O foro será o preámbulo da entrega do Premio Revbela de Comunicación, no mesmo marco ás 20.30 horas.
Amais dos devanditos conferenciantes, tamén participará no debate o director do Instituto de Estudios sobre Conflito e Acción Humanitaria (IECAH), amais de patrón da Fundación que actuará como moderadora da mesma, Jesús Núñez Villaverde.
Como dixemos, ao rematar ao foro celebrarase a entrega do Premio Revbela de Comunicación. Os galardoados serán Xavier Aldekoa, primer Premio Revbela de Comunciación pola súa reportaxe La tribu maldita del lago, e Eva Rodríguez Nieto, Premio Revbela del Público por El ártico se derrite y el mundo se disputa los casquetes.

PUBLICIDADE