Os morcegos galegos teñen un novo curruncho na web
mércores, 1 de febreiro do 2012
Grazas ao apoio económico da Fundación Barrié a través do
Proxecto HIPPOS, o programa Morcegos de Galicia vén
de renovar por completo a súa páxina web para amosar dun xeito atractivo
información sobre os seus proxectos, actividades, cursos prácticas, os morcegos
presentes en Galicia (con referencia á información biométrica e ecolóxica obtida
na nosa comuniadde) e un Atlas dos
Morcegos de Galicia no que poder consultar a información sobre a
distribución das especies presentes no paÃs. Non falta información sobre o
xeito de colaborar con esta interesante iniciativa que busca a conservación dos
morcegos.
Detrás de Morcegos de Galicia está
a Asociación DROSERA para o Estudo e a Conservación do Medio Natural, que
consciente da importancia na dinámica dos ecosistemas dos morcegos e a
vulnerabilidade das súas poboacións emprendeu o programa Morcegos de Galicia no
ano 2008, para aglutinar todas as iniciativas de investigación, conservación,
divulgación e sensibilización sobre os morcegos que levan a cabo, e que agora
poden coñecerse mellor grazas á súa nova páxina web, obra da empresa carballesa
Abertal.