Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pekecha pon en marcha en Ribadeo unha factoría de innovación laboral: A Chocolateira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pekecha pon en marcha en Ribadeo unha factoría de innovación laboral: A Chocolateira

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ffar4405.jpgPekecha, firma coruñesa do ámbito da creatividade dixital, vén de informarnos dunha interesante iniciativa de innovación social dirixida a botar unha man ao amplo colectivo de persoas da nosa contorna que andan á procura de traballo ou formándose para incrementar as posibilidades de atopalo. Falamos de A Chocolateira, un proxecto de Pekecha promovido polo Concello de Ribadeo e La Caixa que bota a camiñar esta mesma semana na vila mariñá.
A iniciativa A Chocolateira (que toma nome da locomotora do tren que conectaba Ribadeo con Vilaodriz e que foi símbolo, a comezos do século XX, do desenvolvemento económico e social da bisbarra) é un programa de traballo en co-working, de “apoio mutuo”, dirixido a permitir que abrollen, de todos e cada un dos participantes, múltiples exemplos de talento individual e grupal. A innovación e a tecnoloxía serán, tamén, eixes fundamentais do proxecto.
Con A Chocolateira, cóntanos Verónica Ramallal (directora executiva de Peckecha), “queremos promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas e dixitais das persoas, poñendo en valor o seu talento e iniciativa para mellorar a súa situación persoal e da contorna que as rodea”.
ffar4394.jpgO programa, que terá unha duración de tres meses, abrangue unha metodoloxía de traballo de sesións individuais e colectivas guiadas por unha adestradora (unha coach). Haberá actividades de outdoor training, dinámicas de traballo en equipo e desenvolvemento de retos grupais, visual thinking, visual tatooing, adestramento relacional individual e formación teórica interactiva.
En termos máis concretos, con A Chocolateira preténdese que as/os participantes gañen en autoconfianza (mellorando as súas competencias transversais), en capacidade para identificar os seus perfís e obxectivos, en habilidades para achar novas oportunidades laborais (o mercado oculto), en recursos para facer un currículo axeitado ou para crearen a súa propia imaxe dixital (aprenderán a empregar as redes sociais e Internet para unha procura de traballo eficaz, cun “enfoque 2.0”) e en novas competencias (traballo en equipo, traballo por proxectos, creatividade, innovación social, etc).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?