Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponteareas estrea aplicación móbil para estreitar comunicación coa cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponteareas estrea aplicación móbil para estreitar comunicación coa cidadanía

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ponteareas_aplicacion.jpgO Concello de Ponteareas presentou este venres 8 unha aplicación móbil de seu para facilitar todo tipo de comunicacións coa veciñanza. A ferramenta, elaborada con medios propios polo Departamento de Informática da Concellería de Novas Tecnoloxías e inserida no marco do proxecto local Ponte Innova, está dispoñible en libre descarga para móbiles iOS ou con sistemas Android. A aplicación foi dada a coñecer polo responsable máximo da Concellería, Benito Márquez, que salientou moi positivamente o traballo e o esforzo despregado polo dito Departamento (cuxos integrantes chegaron a investir parte do seu tempo libre en levar adiante a aplicación) e fixo fincapé nas vantaxes e e funcións da ferramenta, que foi concibida basicamente para achegar a institución municipal á veciñanza de Ponteareas e para dotala, amais, de meirande transparencia.
“A veciñanza poderá coñecer as novidades do Concello día a día coa comodidade dun móbil”, explicou Márquez, que destacou a sinxeleza da interface despregada de cara a levarnos directos (unha vez que esteamos dentro) cara as novas e as comunicacións que a diario saen dende o Concello, “coas opcións habituais de difusión nas redes sociais máis coñecidas”, dixo.
Segundo engadiu, a principal función de app será manter informada á cidadanía das novidades do Consistorio. Así, “cada vez que sexa publicada unha nova, aparecerá unha notificación ao usuario, a cal pode ser limitada polo mesmo”. Ademais, explicou, “poderemos acceder á axenda de eventos organizados polo Concello e as farmacias de garda do municipio”. Tamén fixo saber que a ferramenta “estará en constante actualización para incorporar novas funcionalidades”.
En breve, engadiu, chegarán máis iniciativas tecnolóxicas desenvolvidas ao abeiro do proxecto Ponte Innova. O obxectivo “é conectar a vila coa era dixital, un eido ao que non se lle prestou aínda a debida atención”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?