R culpa a Vodafone da incidencia do pasado venres
luns, 26 de decembro do 2016
O pasado venres o operador R viviu unha das peores xornadas
da súa historia, cunha grave
incidencia na súa rede móbil que deixou sen voz á meirande parte dos seus
clientes dende o mediodÃa até a medianoite, e con problemas de acceso a datos
móbiles incluso até o dÃa seguinte, continuando os problemas na propia xornada
de Noiteboa, cando moitos usuarios tiñan problemas para recuperar o servizo
(para o que recomendábanlles reiniciar o terminal e seguir distintos pasos para
forzar ao seu dispositivo móbil a conectar correctamente á rede móbil de
Orange).
O malestar entre os clientes de R era evidente, non só polos problemas
técnicos, senón tamén pola deficiente información da compañÃa de
telecomunicacións, coa que resultaba imposible contactar por canles
tradicionais, e habÃa que recorrer ás redes sociais (principalmente Twitter)
para ter información actualizada e pouco precisa, pois aÃnda que se deu por
localizado o motivo do fallo ás 17:15 e anunciarse que a recuperación do
servizo comezarÃa en tal momento, o que non se axustou en absoluto á realidade,
quedando moitas horas por diante de problemas. De feito, cando dende R
anunciaron ás 00:14 horas que xa se recupera «o servizo de chamadas para todas
as liñas» quedando pendente a restauración do servizo de datos foi inmensa a
cantidade de usuarios que negaban a información da compañÃa, e incluso ás 2 da
madrugada continuaban sen liña de voz, tendo que deitarse coa esperanza de
recuperar o servizo ao longo da véspera de Nadal.
Culpabilizando a Vodafone
- Mensaxe de texto que remitiu Vodafone por SMS a algúns usuarios de R
Xa durante a xornada do sábado o operador de
telecomunicacións reiterou as desculpas aos seus clientes, para logo
distribuÃr un comunicado na que aseguraban que «a causa da incidencia foi un
aumento desproporcionado do tráfico de SMS dirixido aos clientes de R, como
consecuencia dun envÃo masivo de mensaxes do operador Vodafone» ao que
engadiron que «o operador galego xa lles comunicou os feitos ás autoridades
competentes» ante os prexuÃzos ocasionados polo problema técnico padecido.
A explicación de R resultaba moi pouco convincente, xa que incluso aÃnda que
Vodafone remitise unha mensaxe de texto a cada un dos clientes de R, resulta moi
discutible que iso poida considerarse que é un volume de mensaxes de texto
desproporcionado, pois non podemos esquecer que até hai pouco nas semanas de
Nadal cada usuario recibiu ducias de mensaxes en Noiteboa e Fin de Ano, polo
que as redes terÃan que ser capaces de soportar fortes incrementos de tráfico
nestas datas e, en calquera caso, a compañÃa deberÃa ter medidas de seguridade
para evitar que algo secundarios como as mensaxes de texto provocasen unha
extraordinariamente longa caÃda do servizo.
Para botar máis leña ao lume, Vodafone
negou as acusacións de R e considerounas «inxustificadas e irresponsables» e
«convidou» a R a «reconsiderar a súa acusación e a retirala de xeito inmediato».
Aseguran que «tras as análises técnicas realizadas Vodafone ten a firme
convicción de que nada ten que ver con esta incidencia, pos o número de SMS
cursado dende a rede de Vodafone nos últimos dÃas á rede de R non é
significativo na xestión dunha rede co volume de clientes de R e, por tanto,
consideramos que a acusación é inxustificada e irresponsable».
Vodafone chegou a solidarizarse cos usuarios de R afectados, comunicando a
través de Twitter non só que «as campañas entre operadoras son normais, non
existindo nada extraordinario nesta», lamentando que se lles use como
xustificación e matizando que os números de teléfono aos que mandaron as
mensaxes os conseguiron de xeito lÃcito.
Consecuencias
Durante estes dÃas insistiuse por parte de R en que compensarán os seus clientes polo corte (descontando na factura de xaneiro 5 veces o custo do servizo durante a incidencia o que poderÃa achegarse á décima parte da factura mensual), e podemos entender que o principal problema agora para o operador será restituÃr a confianza dos consumidores, xa que nos últimos dÃas son moitos os usuarios que manifestaron a súa intención de mudar de compañÃa de telefonÃa móbil por considerar que nos últimos meses o servizo caeu enormemente en calidade (por pasar da rede de Vodafone á de Orange) e empeorou os seus prezos (con subidas de prezo moi próximas no tempo), de xeito que esta última incidencia serÃan simplemente o detonante que levarÃa a tomar medidas efectivas, para pesar de moitos nos que levan anos confiando nunha compañÃa con sede en Galicia, que xera emprego na nosa terra e incluso ofrece atención ao cliente na nosa lingua con total normalidade.
- Comunicado oficial de R sobre a incidencia do pasado venres