Rayman estrea xogo para iOS

mércores, 19 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Rayman deberá recoller todos os lumis que aparecen no seu camiño

Adiantándose á súa data de lanzamento prevista para mañá, chegou á App Store o xogo Rayman Jungle Run, xogo inspirado en Rayman Origins, pero que adapta o seu sistema de control a dispositivos táctiles como o iPhone ou o iPad, soportando tamén as súas pantallas Retina, polo que amosa uns gráficos bidimensionais de grande calidade, que xunto cunha música cativadora fai que este título sexa do máis recomendable para público de todas as idades.
Rayman Jungle Run permite gravar as partidas na nube, compartir puntuacións en GameCenter e desbloquear fondos para o noso dispositivo móbil, elementos que non fan máis que enriquecer un excelente xogo que respecta a esencia do Rayman Origins de consolas, simplificando o seu control para que só premendo sobre a pantalla podamos saltar, voar, correr por paredes ou lanzar puñazos para superar as divertidas e orixinais fases que instan ao usuario a volver a xogalas ata conseguir recoller todos os lumis repartidos por cada nivel para conseguir unha puntuación perfecta. Toda unha xoia que está á venda por 2,39 euros.


Trailer de Rayman Jungle Run

Premendo na pantalla poderemos facer que Rayman salte, voe, corra polas paredes e dea puñados a través de divertidos niveis
Os gráficos do xogo están moi coidados, e aproveitan a resolución das pantallas Retina

PUBLICIDADE