Recoñecen ao blog Fala Londrés</Em> polo seu bo uso das TIC

luns, 16 de abril do 2012 Redacción

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) vén de seleccionar como boa prácTICa 2.0 ao blog Fala Londres, coordinado polo profesor Xaime Varela dende a Área de Lingua Galega do Instituto Vicente Cañada Blanch (Londres), recoñecemento que destaca a aposta polas TIC deste espazo na Rede que a través de ferramentas coma o blog e as redes sociais busca a participación da comunidade educativa, dignificando a nosa lingua entre os galego de Londres.
Fala Londres non só innova no uso de ferramentas da web social, senón que tamén informa das actividades culturais relacionadas co galego que se producen no centro e mais das novas de interese relativas a Galicia que teñen lugar en Londres.
A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na persoa de Xesús Vázquez Abad, tamén vén de felicitar ao responsable do blog Fala Londres polo recoñecemento acadado, confirmando que os recibirá o vindeiro 11 de maio nunha visita cultural a Galicia que o profesor e o alumnado farán a Galicia para complementar os seus estudos de lingua e cultura galegas mediante o contacto directo coa lingua.