Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribadumia aposta pola claridade e a comunicación na súa nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribadumia aposta pola claridade e a comunicación na súa nova web

Redacción
Publicado: 21/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ribadumia_nova_web.jpgO Concello de Ribadumia (Pontevedra) vén de presentar a súa nova presenza na web, ribadumia.org, unha aposta firme pola facilitade de uso, pola información clara e, sobre todo, pola utilidade. A páxina compleméntase cunha aplicación para dispositivos que reforzará o carácter comunicativo e participativo que se pretendeu achegar á plataforma: fornecerá avisos á veciñanza en tempo real das actividades do concello e de notificacións de toda índole, como por exemplo cortes de tráfico.
As novidades foron dadas a coñecer polo alcalde, David Castro, que fixo saber que a páxina presentada non é unha evolución da anterior, senón unha proposta cen por cen nova para cuxo desenvolvemento contouse coa “colaboración de todas as concellerías e empregadas” e dos profesionais da firma Galimaxina. O resultado, engadiuse na presentación, é unha web limpa, sinxela e clara.
ribadumia_captura_nova_web.jpgSegundo informou o Concello, un dos puntais da nova plataforma é a súa arela de garantir a total transparencia das xestións a desenvolver polo Goberno local. Ademais, outro dos grandes obxectivos é facilitar ao máximo a participación. Neste senso, a web compleméntase con outra páxina, omeuconcello.ribadumia.org, onde a veciñanza pode comunicarse directamente do Concello e facerlle chegar as súas propostas e peticións. Como dixemos, a proposta tamén se enriquece cunha aplicación móbil que, segundo se fixo saber na presentación, “liberará aos cidadáns da necesidade de teren que estar pendentes da web para informarse de todo tipo de cuestións e novidades”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?