Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago e Orange presentan app para que as persoas con discapacidade visual e auditiva gocen da riqueza de Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago e Orange presentan app para que as persoas con discapacidade visual e auditiva gocen da riqueza de Compostela

Redacción
Publicado: 03/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_santiago_app.jpgO Concello de Santiago presentou este luns unha nova aplicación móbil destinada a romper barreiras de accesibilidade con respecto a unha Sociedade da Información por dereito (e por obriga) universal e integradora. Trátase, máis en detalle, dunha ferramenta para dispositivos accesible para persoas con discapacidade visual e auditiva, recurso tecnolóxico desenvolvido ao abeiro do convenio subscrito polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade (no que se inclúe precisamente Santiago de Compostela) coa Fundación Orange e GVAM. Na presentación participaron a concelleira de Igualdade e Desenvolvemento Económico, Marta Lois, o presidente da Fundación Orange, Manuel Gimeno, e o director da empresa GVAM, Jaime Solano.
En base a isto, con esta aplicación móbil poderemos percorrer a Ruta intramuros (un itinerario polos monumentos máis senlleiros do casco histórico compostelán), a Ruta gastronómica (dirixida a amosar o noso bo facer na cociña e a calidade dos nosos produtos), a Ruta extramuros (unha oportunidade para coñecer “a beleza de Compostela fóra do seu casco histórico”) ou a Ruta accesible (con puntos de interese adaptados a persoas con discapacidade auditiva ou visual).
Entre outras cousas de interese, a ferramenta tamén incorpora unha pestana chamada Accesibilidade a través da que podemos elixir e descargar exclusivamente os recursos que precisemos. Elementos como subtítulos, vídeos en lingua de signos, audio-descricións, etc. Ademais a aplicación conta cunha opción denominada Como chegar que, mediante GPS, guía ao usuario de punto a punto.
A aplicación Santiago de Compostela nace no marco do proxecto Appside, que promove “a creación de aplicacións de guiado que permitan preparar a visita e descubrir de forma autónoma os museos e cidades máis representativas do noso patrimonio”. Todas estas apps, explicaron na rolda de prensa, “caracterízanse por ofrecer un contido cultural destinado a un público xeral pero que, ademais, estea adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade sensorial”.
Appside asinou un convenio estatal para desenvolver unha aplicación accesible para cada unha das 15 cidades Patrimonio da Humanidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?