Sony abandonará o negocio das baterías

xoves, 28 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Murata Manufacturing e Sony Corporation anunciaron hoxe que chegaron a un principio de acordo para transferir o negocio de baterías de Sony a Murata, estando aínda a definir as condicións que pretenden que estean fixadas a mediados de outubro de 2016 para que a operación poida completarse en marzo de 2017 tras a autorización das entidades regulatorias.
A transferencia incluiría o negocio de baterías de Sony, as fábricas da división en Xapón, China e Singapur e o persoal asignado á tal división (incluíndo o persoal de vendas e I+D no Xapón e no resto do mundo).
Sony leva no negocio das baterías dende 1975, en 1991 foi o primeiro fabricante en comercializar baterías de Ión-Litio, e máis recentemente centrouse no desenvolvemento de baterías para smartphones, pero ante o cambiante contorno competitivo Sony prefire desprenderse desta división, conxuntura que Murata pode aproveitar para o seu espallamento internacional, para facilitar os seus obxectivos de crecemento a medio prazo, de xeito que a operación resultaría beneficiosa para ambas partes.

PUBLICIDADE