Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: WordPress.com renóvase radicalmente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

WordPress.com renóvase radicalmente

Marcus Fernández
Publicado: 24/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wordpress_laptop-90deg-themes.jpgUnha das plataformas de publicación vía web máis coñecidas a nivel mundial, WordPress.com, está a transformarse profundamente para atender ás novas tendencias e tecnoloxías, para o que están a desenvolver o proxecto Calypso, que parte dun prototipo deseñado en HTML/CSS, e que alimentarase a través de JavaScript e unha API, desenvolvemento posible grazas á adquisición de Cloudup por parte de Automattic, de xeito que o panel de administración de WordPress.com deixará de ser unha aplicación baseada en PHP, para centrarse no uso de JavaScript.
Estamos así ante unha auténtica revolución no servizo, que alteraría radiclamente a súa administración, que agora podería realizarse comodamente a través de aplicacións nativas de escritorio, das que veñen de estrear a de OS X (e que en breve contará tamén con versión para Windows e Linux) de xeito que WordPress.com transfórmase para converterse nunha plataforma máis acordes ás novas tendencias en liña, grazas a Calypso, software de código aberto que agora parece maduro dabondo para dar o salto ás grandes ligas e poder coller o relevo do xestor de contidos que antes optaba pola combinación de PHP e MySQL para soster a estrutura do seu panel de control.
Actualmente a cuarta parte das páxinas web a nivel mundial funcionan con WordPress, e aínda que a adopción de Calypso por parte de WordPress.com non supón a desaparición do proxecto orixinal, as grandes vantaxes que achega a nova tecnoloxía podería levar a que numerosos espazos web a adopten nos vindeiros meses, xa que a nova tecnoloxía adoptada por Automattic mantén os mesmos compromisos de desenvolvemento aberto (e espérase a súa integración nas futuras versións de WordPress.org).
Calypso presume de ser rápido, escrito puramente en JavaScript, alimentado 100% por API (aberta ao mundo), con integración social e de estatísticas, con soporte multi-sitio, permitindo a carga de imaxes con só arrastrar e soltar, con soporte de plugins e temas (que tamén poderán administrarse de xeito doado), personalizable e cun código totalmente aberto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?