13 TV chegará á TDT en novembro
venres, 8 de outubro do 2010
As novas canles
na TDT continúan a perfilares, e agora sabemos que en
novembro comezarán as emisións de Canal Trece-TV a través do múltiplex de
Veo TV (que compartirá con Veo7, AXN e Marca TV) e que buscará captar a un
público que «non busca a crispación
polÃtica ou a degradación moral das persoas. Propugnará e apoiará os valores
tradicionais como a familia, a dignidade e a honestidade» segundo os seus
promotores.
O acordo con Veo7 ten unha vixencia de 15 anos e pretendÃa estrearse coma 10
TV, pero tiveron que mudar de nome para evitar confusións coa nova canle de
Vocento (La 10). A programación de 13 TV xa está deseñada, e contará con
informativos, espazos de lecer, de servizo social, programas familiares… e
incluso ofrecerán diariamente a Santa Misa, seguindo os pasos de Popular
Televisión, canle coa que teñen previsto establecer un convenio de
colaboración.