Televisión Española descoida a calidade das emisións para Galicia
mércores, 14 de febreiro do 2024
- Na desconexión territorial para Galicia puidemos ver un debate electoral cunha resolución tan baixa que os códigos QR resultaban ilexibles
Nunha xornada na que se está a celebrar a consolidación da alta definición na TDT en España, Televisión Española, que non fora quen de dar o salto tecnolóxico a semana pasada tal e como prometera (por mor de problemas técnicos), ofreceu un espectáculo lamentable pola noite, en horario de máxima audiencia, ante o público galego que se xuntara fronte o televisor para ver o debate electoral organizado polo ente público.
O debate no que participaron Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG-PSOE) dende o centro de RTVE en Santiago de Compostela, podÃa seguirse a través de La 1 HD en desconexión territorial, pero o que dificilmente esperarÃa o público é que, mentres se están a celebrar as emisións en HD, o debate electoral chegase ás pantallas dos galegos con calidade SD, o que era especialmente notable nos textos e incluso nos códigos QR que aparecÃan en pantalla e que eran inútiles, xa que non tiñan definición dabondo como para ser recoñecidos pola cámara dun smartphone.
Dá a impresión de que a actualización á alta definición de RTVE quedou a medias en Galicia, de xeito que as desconexións territoriais contan polo momento cunha tecnoloxÃa que a dÃa de hoxe podemos considerar obsoleta.
O máis curioso do asunto é que o debate tamén podÃa seguirse a través de Canal 24h, desta volta con imaxe en alta definición e con tradución simultánea, ou sexa, que o público de fóra de Galicia gozaba dunha retransmisión cunha maior calidade da que podÃa verse na nosa terra.
O desastre técnico non se limitou á retransmisión do debate, senón que unha vez rematado, emitiuse en diferido o filme que estaba programado á hora do debate (Megalodón) cunha calidade de imaxe lamentable e amosando en pantalla o cancelo destinado á conversar nas redes sociais sobre o debate electoral, deixando claro o desleixo de RTVE co público galego.
VÃdeo no que podemos ver unha comparación entre o sinal de La 1 HD e Canal 24h durante o debate electoral
Emisións en falso 4K
Pero RTVE non só tivo pouco tino coas emisións en La 1 HD para Galicia, senón que en distintos foros tamén están a criticar as decisións adoptadas para a canle La 1 UHD, xa que os contidos non están realmente en 4K, senón que na súa meirande parte son contidos Full HD reescalados, cun detalle que pode resultar incluso perigoso para algúns televisores, xa que a emisión tamén fai uso dun falso HDR, o que provoca uns niveis de brillo moi elevados, que poden chegar a provocar queimados nas pantallas (especialmente na zona da mosca de La 1).
AÃnda que é de esperar que co tempo si haxa contidos en 4K, neste momento non é asÃ, e o máis recomendable serÃa que non forzasen o rango dinámico das imaxes, entre outras cousas porque na práctica están a conseguir que na meirande parte das emisións sexa peor a imaxe de La 1 UHD que o de La 1 HD nun televisor 4K.