Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao certame Curtas na Rede 2009, que recibirá durante os vindeiros meses pezas audivisuais en distintas categorías que os seus autores poden presentar a través da Internet, e que en cada edición acada máis aceptación.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– Métodos e recursos para protexernos das mensaxes de publicidade SMS – A Universidade de Vigo reforza a súa liña investigadora TIC – TIC a prol dos nosos maiores – Twitter: o bo, se breve… – As tres universidades galegas póñense máis dixitais ca nunca coa chegada do verán – EGANET e a Secretaría Xeral de Modernización fan fincapé no papel das TIC como remedio contra a crise – A Secretaría Xeral de Medios informa dos seus plans a curto, medio e longo prazo en materia de acendido dixital (TDT) para os galegos – A Rede de Dinamización da Sociedade da Información supera as 40.000 inscricións – Presentan a versión en galego do Firefox 3.5 – AGESTIC e a Fundación Tecnoloxía Social dan conta das ferramentas dixitais para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional – As consolas de videoxogos apostan polo movemento
