Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os responsables de A Navalla Suíza falarán da súa experiencia este venres en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os responsables de A Navalla Suíza falarán da súa experiencia este venres en Ourense

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

a_navalla_suiza.jpgIniciador Galicia, o programa para impulsar a creación de empresas TIC na nosa terra (do que falamos hai uns días nesta web para dar conta dunha actividade propia de seu na Coruña), prosegue adiante cunha xornada sobre as oportunidades de negocio e de comunicación que poden achegar as redes sociais. A cita será este venres 18 de decembro ás 19.00 horas na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Entre outros especialistas galegos na materia (nisto de tirar partido estratéxico das vantaxes da Rede que máis move á participación do usuario, a Rede 2.0), o acto contará coa presenza activa de Berto Yáñez, coordinador de proxectos de A Navalla Suíza e responsable de iniciativas en liña como Aduaneiros sem Fronteiras ou Chuza!, e Álvaro Gómez, programador de A Navalla Suíza e artífice de proxectos ligados ás redes como eOrdes.com, Zeembo ou Simplifica.
O gran obxectivo da actividade de Iniciador Galicia é pór de manifesto as vantaxes sociais, comunicativas, informativas e empresariais deste tipo de proxectos participativos. Entre outros aspectos máis concretos, a xornada servirá tamén para facer un percorrido pola historia de A Navalla Suíza, constituída por un equipo multidisciplinar no que cada membro achega os seus coñecementos nun eido concreto de traballo (xestión de proxectos, imaxe, contidos, asesoramento, etc) e a través do que se reestrutura dende o seu alicerce a comunicación co cliente, máis directa e encamiñada a deixar claro que facer unha web é algo máis que presentar unha tarxeta de visita en liña.
Polo que respecta á feitura do evento mesmo preparado por Iniciador, dicir que poderá seguir por Twitter (@iniciador GAL) e que a semana que vén está prevista a publicación do vídeo da xornada na páxina do programa. O encontro dará comezo ás 19.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?