A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, presentou hoxe na Biblioteca Nacional de España o proxecto ENCLAVE (do que xa deran conta durante a celebración da feira Líber 2009) que permitirá o acceso a libros dixitais nos catálogos das 90 editoriais adscritas polo momento e que xa conta con 790 obras das que permite ver un extracto e remitir a páxinas web dende ás que é posible adquirilas en soporte dixital.
Durante a presentación a ministra aproveitou para anunciar que o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) para os libros electrónicos baixará do 16% ao 4%, equiparándose ao libro de papel, o que vén a ser unha reivindicación histórica do sector.
Os libros electrónicos rebaixarán o seu IVE equiparándose ao papel
Compartir Este Artigo
