Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta quence motores para comezar co primeiro apagamento analóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta quence motores para comezar co primeiro apagamento analóxico

Raquel Noya
Publicado: 15/01/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cabaleiro_tdt_02.jpgA poucos días de que comece a aplicarse no noso país o apagamento analóxico definitivo, co conseguinte acendido dixital (lembremos que o vindeiro luns comezará nas zonas de Ourense Leste, Santiago, Meda e Ares), o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, vén de comparecer perante os medios de comunicación para dar conta de todas as actuacións e xestións realizadas pola Xunta para realizar con éxito esta revolución tecnolóxica.
Cabaleiro aproveitou a ocasión para destacar o esforzo que está a realizar o Goberno galego, conxuntamente con Goberno central, para que este proceso conclúa favorablemente, e na reunión cos medios, na que tamén participaron o subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio, Televisión e Multimedia da Xunta, Ignacio Otero, e o director técnico de Retegal, Joaquín Alonso, explicou polo miúdo o proceso de implantación da televisión dixital terrestre no noso país, e lembrou que nesta primeira oleada, ademais dos concellos das provincias da Coruña e Ourense, tamén sairán benficiados algúns municipios de Lugo e Pontevedra.
mapa_apagamento.jpgSegundo sinalou o secretario xeral de Medios, e tal e como anunciamos recentemente, este primeiro proceso de apagado analóxico das fases I e II farase de xeito gradual, desde o vindeiro 18 de xaneiro ata o 1 de febreiro, para continuar co apagado das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos concellos de Pontevedra e Lugo, aínda que tamén a algúns municipios das provincias da Coruña e Pontevedra.
O obxectivo, lembrou o secretario xeral de Medios, é que o vindeiro 3 de abril estea totalmente rematado este proceso de apagado analóxico.
Cabaleiro Durán lembroulle aos asistentes que o Goberno que representa, co obxectivo de dar respostas máis áxiles ás posibles dúbidas que lle poidan xurdir sobre este proceso aos cidadáns, intensificou o servizo de atención telefónica sobre a TDT a través do número de información 012, que se suma á xa existente Oficina Técnica da TDT.
Asemade, as persoas que requiran información precisa sobre esta tecnoloxía, poderán chamar ao 981 572 154, ao teléfono de atención ao usuario de Retegal, 901 333 111 ou consultar a web www.tdtgalicia.es.
A implantación da televisión dixital terrestre representa novas vantaxes para os usuarios posto que permite, entre outras moitas vantaxes, recibir máis canles de televisión, obter unha mellor calidade de imaxe, recibir novos servizos engadidos e a recepción móbil e portátil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?