Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este venres comeza en Santiago o primeiro evento Startup Weekend que se celebra na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este venres comeza en Santiago o primeiro evento Startup Weekend que se celebra na nosa terra

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

startup_weekend_galicia_web-a8bcf.jpgSantiago, como xa avanzamos hai uns días, vai acoller en breve un novo modelo de encontro profesional que ten feitura de obradoiro colectivo en liña e que vai dirixido a achegar coñecemento e habilidades para poñer en marcha unha empresa do eido TIC dende o comezo mesmo. Ou sexa, dende o intre en que é pouco máis que unha idea. O encontro Startup Weekend Galicia, que tal e como sinalamos parte do lema de aprender creando, celebrarase na sede en Santiago do Instituto Tecnolóxico Empresarial de Caixa Galicia, a desenvolver entre os días 4 e 6 de xuño.
O evento emprendedor vén da man de catro novos profesionais galegos e, segundo se sinala na páxina web de Emprendia, contará co apoio de Inberso, rede de financiamento que pon en contacto proxectos empresariais con investidores privados, e de Uninova, acubillo de empresas da USC (Universidade de Santiago).
Os obxectivos son os que avanzamos xa en Código Cero: habilitar un emprazamento idóneo para o traballo en equipo de profesionais de talento procedentes das máis diversas disciplinas para escolmar unha serie de ideas, deseñar produtos e pór en marcha empresas. A idea é chegar ao final do obradoiro con varios proxectos empresariais listos para comezar a súa andaina, proxectos que deberán inserirse nos eidos das tecnoloxías, a Rede 2.0 ou as aplicacións móbiles. En definitiva, na Sociedade do Coñecemento.
As interesadas e interesados en asistir deberán formalizar a súa inscrición a un prezo especial de 40 euros de facerse antes do 15 de maio, e por 50 euros de facerse despois (e ata completar aforo), incluíndo estas cotas todas as comidas.
Esta iniciativa semella terse lanzado predicando co exemplo, pois está presente tanto en Twitter coma en Facebook, plataformas que parecen estar moi ben aproveitadas, pois pese a que estamos ante un evento inédito en Galicia, está a gozar de certa visibilidade.

Presentación do evento a través das cámaras de Correo TV

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?