Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A firma galega Inova pon en marcha unha editorial especializada en innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A firma galega Inova pon en marcha unha editorial especializada en innovación

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

inova_nova_editorial.jpg A consultora tecnolóxica galega Inova, da que falamos os días pasados para informar das súas vindeiras actividades de divulgación, vén de anunciar a posta en marcha dun novo servizo editorial especializado na achega de libros sobre metodoloxías para optimizar, pola vía da innovación e o dixital, o rendemento dunha empresa. O novo selo Innovation Books (así se fai chamar), centrarase en pór no mercado obras especializadas na dita temática, escritas en castelán (aínda que agardamos que aposten tamén polo galego) e previamente recoñecidas no eido internacional polos seus valores e utilidade. A editorial, que foi presentada esta mañá no transcurso dunha xornada sobre I+D convocada en Compostela por APD (na imaxe), xorde co obxectivo de “fomentar a cultura innovadora e compartir o coñecemento relacionado coa investigación e o desenvolvemento”.
A primeira achega da colección será o seguinte: TRIZ simplificado, nuevas aplicaciones de resolución práctica de problemas para ingeniería y fabricación, de Ellen Domb, en palabras de Inova “unha das maiores expertas do mundo na cuestión TRIZ”, estratexia de inventiva para obter a máxima rendibilidade e aforro nunha empresa.
Sinalar que grazas a esta metodoloxía, multinacionais de primeira liña acadaron importantes índices de medre, como por exemplo Nestlé (que logrou un aceleramento da produción de chocolate e a un menor custe) e BMW (que reduciu as pezas dos seus motores para chegar a unha potencia meirande). Segundo informa Inova, a previsión é editar nun primeiro intre 500 exemplares de TRIZ simplificado, que se porán á venda dende a biblioteca virtual de Andavira a un prezo de 28 euros. Máis tarde, a empresa galega pensa distribuílo tamén nas librarías Díaz de Santos e comercializalo en formato dixital, como e-book. Por certo que a autora do devandito libro, presidenta de The PQR Group (especializada en asesoramento tecnolóxico para as organizacións) impartirá os vindeiros 16 e 17 de xuño un relatorio sobre TRIZ. A cita será en Vigo, concretamente no seu Club Financeiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?