Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft e o Goberno vasco presentan o Windows 7 en éuscaro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft e o Goberno vasco presentan o Windows 7 en éuscaro

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

windows7_euscaro.jpgÁ espera de que chegue a presentación oficial da versión galega do Windows 7 (que foi moi esperada por algúns e moi pouco ou nada de nada por outros, que viron na dita tradución un esforzo innecesario, habendo como hai sistemas operativos galegos abertos e adaptables, como Galinux ou Trisquel), Microsoft vén de dar un novo paso promocional para afianzar o seu produto no mercado éuscaro. Falamos, precisamente, da posta en longo perante os medios da tradución á dita lingua da ferramenta Windows 7 e da plataforma de servizos Live. As adaptacións, que foron dadas a coñecer os días pasados por Montserrat Pardo (xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica) perante uns 100 profesionais das TIC e usuarios dos recursos de Microsoft, non chegan ao mercado porque si. Cómpre ter en conta que Euskadi constitúe un dos territorios europeos onde se rexistra meirande afianzamento do acceso ás novas tecnoloxías, polo que se podería dicir que para Microsoft é un bo mercado onde meter o dente.
Deste xeito, segundo apuntan os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, máis do 68% das vivendas do país contan cun computador, a meirande parte das cales dispón de conexión a Internet. Visto o visto, non é de estrañar que se convocara tal número de persoeiros do sector TIC e da cultura de Euskadi para presentar as novas ferramentas, persoeiros entre os que se contaba Kirmen Uribe, Premio Nacional de Narrativa 2009 e Mikel Urdangarin, autor e cantante. Na posta en longo tamén participou Blanca Urgell, responsable de Cultura do Goberno de Euskadi, quen contactou a través de tecnoloxía streaming con vascos de todo o mundo para facerlles chegar “a boa nova”, foi o caso de Gorka Garmendia (dende Shanghai) ou do artista Josune Goenaga (dende París). Para Urgell, en virtude do achegamento á sociedade vasca destes produtos, “xa é posible dicir que o euskera e as novas tecnoloxías foron quen de unirse máis”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?