
Estes e outros proxectos foron dados a coñecer polo miúdo este luns 12 de xullo durante a sinatura dun convenio para fomentar a lingua asinado polo director de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, e o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad.
Este acordo é unha continuación do convenio establecido entre a operadora e Política Lingüística no pasado mes de abril, convenio que deu como resultado o dito Proxecto Glossa e que entre outras cousas incluía diferentes accións para promover a nosa fala e a aprendizaxe de galego entre os traballadores de MoviStar.
“A través do convenio asinado hoxe”, sinala Educación, “a compañía de telecomunicacións comprométese a fomentar que os móbiles dispoñan da opción do menú en galego”. Ademais disto, engade, promoverá campañas entre os seus abonados para dar a coñecer os modelos de terminais con lingua galega. Cómpre sinalar que a día de hoxe, a operadora ten no seu catálogo galego máis de 100 móbiles con estas capacidades, a maioría deles incorporando un dicionario. As medidas asinadas, por certo, tamén inclúe a posibilidade de comunicármonos coa compañía, sexa de palabra ou por escrita, na nosa lingua, “garantindo que exerzamos así o noso dereito a sermos atendidos en calquera das linguas oficiais”, engade Educación. Polo que respecta á achega no acordo deste departamento da Xunta, dicir que se comprometerá a facilitar o apoio e o asesoramento técnico preciso sobre os distintos aspectos lingüísticos e terminolóxicos que se presenten, “dando cobertura institucional a calquera iniciativa de Telefónica que teña como finalidade a promoción da lingua e a cultura galegas”.
Telefónica comprométese a ofertar máis móbiles con menú e funcións en galego
Compartir Este Artigo
