Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xornal.com pechará antes de rematar o ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xornal.com pechará antes de rematar o ano

Marcus Fernández
Publicado: 19/09/2011
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Resulta curioso que se saiba do peche de Xornal.com cando o propio medio fala da fortaleza da empresa propietaria da súa editora
Resulta curioso que se saiba do peche de Xornal.com cando o propio medio fala da fortaleza da empresa propietaria da súa editora
A primeiros de agosto Xornal de Galicia abandonou a súa edición impresa, aínda que á nova do peche seguírona unha serie de declaracións de intencións asegurando que o medio continuaría con forza apostando polos contidos dixitais, o que finalmente quedou en nada, xa que esta mañá o Comité da cabeceira dixital xuntouse cos propietarios da compañía para recibir a nova de que Xornal.com pechará antes de rematar o ano, deixando sen traballo a 38 persoas.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) (así como a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela) xa reaccionou a esta información manifestando o seu lamento pola decisión de Udramedios, propiedade do Grupo San José, de pechar Xornal.com a pouco máis dun mes do cese da súa cabeceira impresa. O Colexio asegura que a editora anunciou esta tarde ao comité de persoal a presentación dun ERE de extinción e o comezo das negociacións para os despedimentos e amosa a súa solidariedade cos traballadores á vez que critica que a editora bote atrás o seu anuncio de manter o diario dixital.
Exemplar do primeiro número da edición impresa de Xornal de Galicia
Exemplar do primeiro número da edición impresa de Xornal de Galicia
O BNG tamén publicou un comunicado lamentando o peche de Xornal.com pola perda que supón para o pluralismo mediático do país e o empobrecemento do debate público que supón a perda dunha cabeceira informativa.
Aínda que a edición en papel de Xornal de Galicia non chegou aos 3 anos de vida, a súa contrapartida electrónica xa era un clásico da Internet galega, presente dende 1999, polo que era todo un referente no sector ao que agora di adeus como xa fixeron outros medios como Vieiros e GZnación (mentres que Galicia Hoxe e A Nosa Terra morreron en papel pero sobreviven en dixital).
Aínda que era de agardar que tras o peche da edición en papel houbese unha reestruturación da compañía, non se esperaba a disolución da súa cabeceira dixital, posto que antes do desembarco nos quioscos Xornal.com conseguira manterse cuns recursos bastante reducidos, o que fixo que este anuncio foxe toda unha sorpresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?