
Así, os integrantes da plataforma son especialistas en actividades complementarias: mobiliario, iluminación, cristalería, téxtil vertical, carpintaría industrial, telecomunicacións, etc. Isto permite xuntar esforzos para achegar solucións integrais competitivas a hoteis, residencias, centros comerciais, oficinas… en calquera lugar do mundo.
E que aporta Telecon á Plataforma Contract? Pois Telecon achegará o seu perfil de compañía especialista en telecomunicacións e, en particular, a súa solución tecnolóxica de última xeración Ecohub -da que xa demos conta en Código Cero– unha idea desenvolvida para mellorar a eficiencia enerxética de edificios e empresas coa que se pode aforrar ata un 20% na factura enerxética. Medir en tempo real o consumo dunha instalación eléctrica, de auga ou de gas; identificar e corrixir un mal rendemento; recibir alertas de incidencias e documentar o gasto real para comparalo coa factura que envía a compañía subministradora son algunhas das vantaxes que Ecohub ofrece a empresas, organismos públicos e edificios; cun obxectivo: reducir as facturas da luz, o gas, a auga e demais fontes de enerxía.
Por último, engadir que os principais mercados aos que apunta a Plataforma Contract son a Unión Europea, o Norte de África, América do Sur, Estados Unidos, Caribe e Golfo Pérsico. Mentres que os países nos que a Plataforma xa está presente son República Dominicana, Panamá, México, Alxeria e Catar.
Telecon únese á Plataforma Contract para ampliar mercado fóra das nosas fronteiras
Compartir Este Artigo
