
O prazo de presentación de candidaturas manterase aberto ata o vindeiro 26 de xaneiro nas categorías de mellor proxecto colaborativo empresarial TIC, mellor proxecto emprendedor TIC, mellor aplicación de software, mellor comunicación dixital e mellor negocio en liña, ás que se suma o Premio Especial EGANET, coa que a entidade presidida actualmente por Víctor López (AVA Soluciones Tecnológicas) salienta algún proxecto, entidade ou personalidade galega pola súa contribución á promoción das novas tecnoloxías en Galicia.
O xurado dos X Premios EGANET 2013 valorará a capacidade innovadora, a adecuación dos proxectos aos dispositivos móbiles e o acceso universal ás novas tecnoloxías en calquera das categorías dos galardóns que se entregarán o 31 de xaneiro ás 12:00 horas no Parque Empresarial Porto do Molle, nun acto enmarcado dentro do evento de celebración do cuarto aniversario da LaconNetwork, como xa fixeron na pasada edición dos Premios EGANET.
Os X Premios EGANET recibirán candidaturas ata o 26 de xaneiro
Compartir Este Artigo

