
O evento desenvolverase na sala Sala InGracia de Barcelona. Á convocatoria, que se agarda sexa “unha gran velada de networking dentro do sector da mercadotecnia dixital”, en palabras de Rubén Ferreiro, acudirán clientes actuais e antigos da axencia, empregados actuais e antigos, colaboradores, provedores, profesionais relevantes do sector e mesmo competidores. Abrirase cun percorrido histórico pola evolución da compañía (dende o seu nacemento como a primeira plataforma estatal de permission email marketing en 1999, baixo o nome de Consupermiso, pasando polo seu espallamento e afianzamento en España, Portugal ou México ou a fusión con empresas do sector tan salientables como GaliciaBanner, da que falamos en Código Cero alá polo 2007).
Segundo engade Rubén Ferreiro avanzando a axenda dos actos de celebración, ao longo desta presentarase un vídeo gravado con persoas que foron importantes na historia de Elogia. A proxección de vídeo, engade, será sen dúbida “un intre moi emotivo”, amais dun “agradecemento a todos aqueles que impulsaron e impulsan a empresa cara a un futuro ben asentado e de alicerces fortes”. Ferreiro tamén sinala que outros dos intres relevantes da velada será sen dúbida a presentación en sociedade da nova marca paraugas do holding empresarial, “que ata agora sempre traballou baixo a marca Eloxia Group”. Así, desde hoxe desvelarase a nova marca do grupo que dará acubillo ás distintas iniciativas empresariais da corporación.
Elogia celebra hoxe os seus 15 anos de impulso á mercadotecnia dixital
Compartir Este Artigo
