Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A preparación da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2015 entra na súa recta final
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A preparación da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2015 entra na súa recta final

Redacción
Publicado: 16/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_noite.jpgXa vai quedando pouco para a gran cita anual dos nosos profesionais TI, a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o vindeiro 26 de xuño en Santiago. O evento vén da man do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e, igual que en anteriores convocatorias, acollerá a a entrega de recoñecementos ás iniciativas, profesionais e empresas da nosa terra que máis destacaron en 2015 en materia de innovación e empuxe tecnolóxico e dixital. Por certo que das premiadas e dos premiados polo CPEIG xa fomos dando conta ao longo destes meses, en pílulas informativas achegadas cada pouco. Por exemplo o galardón a Eva Dafonte, o que irá para a firma Teimas, o que salienta a traxectoria de Promedia, o de Benigno Rosón ou o de Miguel Anxo Ríos Fernández.
A estes cómpre engadir o que se lle vai entregar á iniciativa Galicia Open Future da operadora Telefónica (na categoría Premio Apoio á Iniciativa Emprendedora) e o que destacará a colaboración entre AMTEGA e a Consellería de Educación (Premio Iniciativa da Administración). Polo que atinxe ao Premio Fin de Carreira, aínda está pendente de fallo.
Volvendo á Noite, dicir que xa vai pola súa sétima edición, e que o obxectivo específico desta convocatoria é “incrementar a asistencia das nosas colexiadas e colexiados, reforzar o espírito de sentírmonos membros dunha mesma profesión e divertirnos un bo rato”, segundo informa o CPEIG, que engade que en cada convocatoria procúrase sempre mellorar todo o ofrecido e organizado na edición anterior.
Desta volta contarase cun espectáculo de maxia, ademais da presentación e actuación de Dani Delacámara e “unha chea de sorpresas e xogos que poderemos compartir coas nosas amizades durante o tempo do cóctel previo á entrega dos premios”.
En relación aos galardoados da presente edición da Noite, estas son as entidades, persoas e empresas distinguidas polas enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos na edición de 2015:
· Premio e-Inclusión: Grupo Promedia, pola súa aposta pola integración, a través das novas tecnoloxías, das persoas con diferentes problemas da linguaxe.
· Premio Proxecto Fin de Carreira: pendente de fallo.
· Premio Iniciativa Emprendedora: Teimas Desenvolvemento, empresa de desenvolvemento software orientada a produto, que leva adiante a súa actividade no sector ambiental.
· Premio Iniciativa da Administración: Colaboración da Amtega e a Consellería de Educación na realización do Estudo sobre os Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos e Matemáticos.
· Premio Traxectoria Profesional: Benigno Rosón, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
· Colexiado de Honra: Miguel Anxo Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega das Ciencias.
· Premio Apoio á Iniciativa Emprendedora: Telefónica Galicia Open Future, proxecto tractor que, mediante a convocatoria de emprendedores, impulsa a innovación tecnolóxica en sectores estratéxicos para Galicia.
· Premio Ada Byron: Eva Dafonte, enxeñeira superior informática que traballa na actualidade na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra.
Segundo informa o Colexio, este ano contarase cun meirande número de patrocinadores, “un feito que dá conta do interese crecente que suscita o noso colectivo entre o empresariado e as institucións”.
Como patrocinadores ouro atópanse as seguintes empresas e entidades: Altia, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Emetel, Epson, Everis, HP-Intel, Indra, Oracle, Plexus, Telefónica, Vodafone e Xunta de Galicia.
Como patrocinadores prata están Acuntia, AGASOL, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Deputación de Pontevedra, IBM, Idom, Ilux, Inforhouse, Inycom, Kaspersky, Microsoft-Solidq, Tecnocom e Telvent.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?