Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada na ESEI de Ourense unha tecnoloxía para detectar caídas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada na ESEI de Ourense unha tecnoloxía para detectar caídas

Redacción
Publicado: 15/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_esei_ourense_caidas_dario_romero.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acolleu a presentación dunha tese para dar forma a un sistema que permite a detección de caídas de persoas no fogar grazas ao procesamento en tempo real de vídeos de cámara simple. O traballo, que vén da man do enxeñeiro de sistemas boliviano Jesús Darío Romero, diríxese a impulsar o ámbito da eSaúde, facendo fincapé nos coidados ás persoas dependentes e no envellecemento saudable pola vía das novas tecnoloxías. A tese, desenvolvida entre os anos e 2015 baixo a dirección dos docentes María José Lado e Arturo José Méndez Penín, foi presentada co título An indoor fall detection system for patients and elders.
Segundo fai saber o propio autor do traballo, este ten a súa orixe nunha vontade de axudar a pacientes con problemas neurolóxicos, como por exemplo párkinson, polineuropatía ou epilepsia, e anciáns, “debido á frecuencia e á gravidade das caídas no seus casos”, explica Romero Ávila, que a día de hoxe forma parte da Axencia Boliviana Espacial.
Segundo explican dende a Universidade de Vigo, o investigador sentou os alicerces dun sistema de seguimento con capacidade para alertar ao persoal especializado pertinente en cada caso de caída dun paciente ou ancián “para a súa pronta atención”. Buscando que o sistema fose especialmente accesible, partiu de vídeos de cámara simple, sen audio. A base do proxecto é un sistema informático que identifica o fondo da escena, detecta os obxectos nela, fai seguimento da persoa na escena, detecta a súa caída e emite unha alerta cando se produce este feito.
A tecnoloxía resultante é un sistema integrado por dúas ferramentas, por unha banda un detector de caídas e, pola outra, un programa supervisor que se encarga de recibir notificacións sobre as mesmas. Para construír o sistema, engade Jesús Darío Romero, “definiuse o espazo de cor LRGB, co obxectivo de identificar diferenzas entre o fondo calculado e a imaxe actual, e desenvolvéronse algoritmos de umbralización de cor multinivel, para identificar as cores predominantes na imaxe; algoritmos de detección de caídas e algoritmos de detección do paciente empregando a súa roupa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?