Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Na Rede as presentacións de seis iniciativas galegas de éxito en materia de software libre para o terceiro sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Na Rede as presentacións de seis iniciativas galegas de éxito en materia de software libre para o terceiro sector

Redacción
Publicado: 18/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Ana Vázquez e José Padrón contando a súa experiencia en materia de open source aplicado ás entidades solidarias
Ana Vázquez e José Padrón contando a súa experiencia en materia de open source aplicado ás entidades solidarias
Xa temos dispoñibles en YouTube, na canle da axencia AMTEGA, os seis casos galegos de éxito presentados no evento sobre boas prácticas con software libre para o terceiro sector e entidades de acción social desenvolvido o pasado 22 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura. A dispoñibilidade na Rede destes seis vídeos constitúe, segundo informa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, unha boa oportunidade para que aquelas persoas que non puideron asistir á xornada do día 22 poidan coñecer experiencias de valor en materia de implantación de programas abertos en entidades sociais e solidarias sen arela de lucro.
Os relatorios subidos ao YouTube son os seguintes:
· Rafael Rodríguez Gaioso e Salvador Tabarés, da asociación Melisa,expón sobre a súa experiencia de voluntariado con software libre nos centros penitenciarios de Galicia.
· Ana Vázquez Fernández, da Coordinadora Galega de ONGDs e Emilio José Padrón González de GPUL explica a experiencia da migración a Software Libre na Coordinadora Galega de ONGDs .
· Isabel Lema Blanco e José María Casanova Crespo de CUAC FM, aborda a Implantación de Software Libre en CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.
· Antón Amado Pousa de iCarto presenta o uso de tecnoloxías de información xeográfica libre en proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento.
· Iván Lago Castro de Enxeñería sen Fronteiras comparte a súa experiencia na xestión de persoas socias e voluntarias empregando software libre coa ferramenta CiviCRM.
· Manuel L. Pan, de Abertal, presenta o portal voluntariadogalego.org, o portal da Dirección Xeral de Voluntariado, e a súa experiencia co software libre.
AMTEGA tamén lembra que están habilitadas no portal de Centro Demostrador TIC as gravacións das actividades formativas en software libre dirixidas ao terceiro sector que se celebraron durante o último trimestre do pasado ano. Son un total de 8 actividades que abranguen a creación de portais web con Drupal, WordPress, o emprego de Owncloud, OpenStreetMap ou CiviCRM. No Repositorio Documental de Software Libre está dispoñible unha páxina recompilatoria de todo este material para facilitar a súa busca e acceso. Esta publicación “reforza o alcance da acción global desenvolvida no ciclo formativo dirixido ao terceiro sector, que tiña por obxectivo achegar as posibilidades que o software libre lles ofrece, dun modo práctico e a través da presentación de casos de éxito”, engade AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?