Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xúntanse en Lugo os 40 proxectos da terceira edición de VíaGalicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xúntanse en Lugo os 40 proxectos da terceira edición de VíaGalicia

Redacción
Publicado: 18/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

viagalicia_lugo_xaneiro.jpgEsta fin de semana celebrouse en Lugo unha sesión de traballo para os 40 proxectos que concorreron nas dúas academias (Vigo e Lugo) da terceira edición de ViaGalicia. Na xuntanza, os responsables destas iniciativas emprendedoras e innovadoras tiveron ocasión de coñecerse, intercambiar información e puntos de vista e fomentar o espírito cooperativo con vistas a garantir un mellor resultado final en cadansúas achegas. Asemade, avanzaron na preparación do vindeiro Demo Day de VíaGalicia.
Na cita desta fina de semana participaron tamén Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, e Teresa Pedrosa, a delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo. A sesión veu da man de ámbalas entidades, impulsoras tamén de VíaGalicia. Lembrar que esta actividade atópase arestora na súa terceira edición e que conta con dúas sedes de seu: a orixinal do Porto do Molle (Nigrán) e a nova de Lugo (Fundación CEL).
Volvendo á cita desta fin de semana, foi convocada pola Xunta e o Consorcio co obxectivo de acadar que todos os responsables dos proxectos se coñecesen e, tamén, contar cunha sesión de traballo conxunta para preparar o pitch ou presentación dos proxectos, que se vai realizar os vindeiros 22 e 23 de xaneiro en dous Demo Day a celebrar en cada unha das sedes de VíaGalicia. Nas xeiras de traballo destes días, os impulsores das iniciativas participantes na aceleradora galega amosaron os seus proxectos perante os membros do Comité Técnico de VíaGalicia (o Consorcio da Zona Franca, GAIN, IGAPE, Vigo Activo SCR e XES Galicia). O conselleiro e a delegada do Estado amosaron a súa satisfacción “pola calidade” das achegas e felicitaron tanto aos emprendedores como aos titores que traballaron con eles durante estes dous meses de Academia “pola enorme evolución que tiveron a maioría das iniciativas”.
Lembrar que os 15 finalistas que sexan seleccionados despois do Demo Day pasarán ao proceso de aceleración que terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle. Estes 15 finalistas poderán recibir unha contribución financeira de ata 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación e Xes Galicia e os outros 50.000 polo Consorcio a través da sociedade de capital-risco Vigo Activo. Ademais destas cantidades, que se entregarán baixo as modalidades de subvención a fondo perdido e de préstamos participativos, os finalistas terán servizos personalizados de asesoramento e un espazo gratuíto no coworking do Centro de Negocios de Porto do Molle.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?