Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: iBeeTel ultima a cormecialización do seu innovador sistema para a agricultura de precisión, iBeeAgro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

iBeeTel ultima a cormecialización do seu innovador sistema para a agricultura de precisión, iBeeAgro

Redacción
Publicado: 19/01/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_ibeetel_ibeeagro.jpgiBeeTel Solutions, un dos proxectos gañadores na cuarta edición dos Premios INCUVI-Emprende da UVigo, vén de facer balance da súa experiencia nesta iniciativa e, tamén, da súa propia andaina como iniciativa emprendedora e innovadora no mercado. O motivo deste balance é a apertura da convocatoria 2016 dos galardóns. Para os responsables de iBeeTel Solutions (firma emprazada no niño 28 da Tecnópole de Ourense), a participación nos ditos premios foi ante todo “moi positiva”, e máis tendo en conta que resultou ser un impulso para a posta en marcha do seu plan empresarial e para a preparación (arestora) do seu primeiro produto de mercado, un Sistema de Supervisión e Xestión Integral Agrícola destinado a produtores. Falamos de iBeeAgro, unha solución para a agricultura de precisión que ofrece aos produtores controlar, desde calquera dispositivo con acceso a Internet, o estado actual e futuro dos seus cultivos.
Amais do devandito, iBeeAgro permítelles realizar unha xestión integral, baseándose en datos obxectivos recompilados da explotación en tempo real.
Lembrar que detrás de IbeeTel atópanse Sergio Eiriz, egresado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do campus de Vigo; David Losada, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, do campus de Ourense, e Javier Pesado, da Escola de Enxeñaría Industrial, tamén do campus de Vigo. Segundo fan saber, “nos meses transcorridos desde a concesión do galardón, acadamos o noso obxectivo tecnolóxico de desenvolver o Sistema de Supervisión e Xestión Integral Agrícola, que permite aos produtores optimizar a produción”. A ferramenta, engaden, está formada por unha estación agroclimática chamada iBeeAgro Station, un dispositivo electrónico deseñado, desenvolvido e fabricado por eles que mide de maneira automática diferentes parámetros climáticos de planta e de solo e que envía os datos a unha plataforma software de supervisión na nube chamada iBeeAgro Tool. Esta plataforma, din, “constitúe a segunda das partes da ferramenta e permite aos produtores agrícolas tarefas como supervisar o estado actual do seu cultivo, coñecer os riscos de padecer enfermidades ou obter predicións meteorolóxicas locais, realizando unha xestión integral da súa explotación, con funcionalidades como o caderno de campo”.
Na actualidade, sinalan os emprendedores da Universidade de Vigo, “estamos pendentes da certificación CE das estacións agroclimáticas, paso previo necesario para a súa comercialización como parte do Sistema de Supervisión e Xestión Integral Agrícola, iBeeAgro”. E engaden: “A nosa visión é a de chegarmos a ser referentes no desenvolvemento de solucións de seguimento e control orientadas á sustentabilidade, eficiencia e calidade, para todos os sectores e, especialmente para o sector agrícola”. Con este obxectivo, achegan servizos de enxeñaría hardware (especificacións, deseño, desenvolvemento, prototipado, probas, fabricación externalizada e mantemento de dispositivos electrónicos sen fíos orientados a solucións de seguimento e control remoto), e de enxeñaría software (análise, deseño, desenvolvemento, probas, produción e mantemento de plataformas cloud para monitorización e control remoto e plataformas cloud ERP).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?