Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha empresa de Santiago, gañadora da aceleradora de proxectos TIC Fiware Finodex
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha empresa de Santiago, gañadora da aceleradora de proxectos TIC Fiware Finodex

Redacción
Publicado: 19/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O equipo de Linknnovate
O equipo de Linknnovate
A empresa Linknovate, emprazada en Santiago de Compostela, vén de resultar gañadora da primeira convocatoria da aceleradora de proxectos TIC Fiware Finodex, financiada pola Comisión Europea. Ao seu carón, outras dúas empresas (Geezar de Zaragoza e Xpressomics, situada en Estonia), foron seleccionadas. Segundo fan saber dende a aceleradora, estas organizacións superaron catro fases nas que competiron un total de 196 proxectos. Cada unha das finalistas recibiu financiamento entre os 115.000 e os 170.000 euros para pór en marcha as súas iniciativas de mercado. Por certo que en YouTube podemos ver xa un vídeo sobre as achegas de Linknovate. Tamén se fornece unha entrevista cos impulsores da firma compostelá.
Como lembraremos, Finodex é unha das 16 aceleradoras financiadas pola Comisión Europea para apoiar aqueles proxectos de PEME e emprendedores baseados en datos abertos e en tecnoloxías Fiware, co obxectivo de xerar novos produtos e servizos tecnolóxico-dixitais. A devandita palestra de iniciativas, liderada por Zabala Innovation Consulting, está integrada nun consorcio formado por outros 6 socios europeos. A través de dúas convocatorias, Finodex escolleu xa máis dun centenar de propostas innovadoras, subministrando a cada unha delas entre 10.000 e 170.000 euros de financiamento. En total, vanse a investir 4,64 millóns de euros en apoiar os proxectos seleccionados.
Como dixemos, o primeiro posto da convocatoria foi para Linknovate, o que lle serve á firma galega para obter 170.000 euros en apoio orzamentario. Linknovate Innovation Search Engine é unha tecnoloxía de intelixencia competitiva, baseada nun motor de procura que axuda aos equipos de fabricación e de I+D nas empresas a atopar tecnoloxías e socios. O segundo posto (135.000 euros) foi para Xpressomics. O seu proxecto consiste nun buscador de información xenética dirixido á industria de farmacéutica e os investigadores médicos. O terceiro foi para Geezar, co seu proxecto Fruitwatcher. Consiste nun dispositivo que fai seguimento nos camións de froita do nivel de humidade, temperatura e localización para verificar que a mercancía chega a destino en óptimas condicións. En total os seus responsables levan 115.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?