Movistar vén de anunciar unha promoción interesante para os seus novos clientes que contraten liñas unicamente de móbil: ata maio (incluído), terán 3GB de datos extra ao mes a través das tarifas móbiles Vive. A oferta, dispoñible durante o que resta de xaneiro, estará ao alcance da man de quen contrate calquera modalidade das ditas tarifas (mediante alta, migración ou portabilidade). Este agasallo (valorado nuns 70 euros pola duración da promoción e o custo habitual de 20 euros do extra de datos ofrecido) implica un feixe de tarifas compatibles con 4G e 4G+, podendo ser contratadas desde 13 euros.
Lembrar que as tarifas Vive dispoñibles arestora son as seguintes: Vive 13 (chamadas a 0 céntimos, establecemento 20 céntimos, 1GB para navegar + 3GB extra ata maio por 13 euros), Vive 26 (200 minutos de chamadas, 1,5GB para navegar + 3GB extra ata maio por 26 euros), Vive 34 (chamadas ilimitadas, 2,5GB para navegar + 3GB extra ata maio por 34 euros, incluíndo Nubico 12 meses) e Vive 45 (chamadas ilimitadas, 5GB para navegar + 3GB extra ata maio por 45 euros, incluíndo tamén Nubico).
Lembrar que as tarifas non teñen compromiso de permanencia agás se mercamos un móbil subvencionado de maneira simultánea.
Movistar agasalla 3GB de datos extra ao mes coas tarifas Vive
Compartir Este Artigo

