Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Internet xa conta cunha web para atopar animais perdidos: Dondeestalaika.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Internet xa conta cunha web para atopar animais perdidos: Dondeestalaika.com

Redacción
Publicado: 21/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

logolaika.jpgAtopar algo perdido é un traballo que non sempre ten bo final. Se o que se perde é un animal, a nosa mascota, dar con ela converterase nunha obsesión que se cadra non remata ben. Para achar de xeito asegurado ao noso compañeiro a axuda das novas tecnoloxías pode ser un factor decisivo, pois a Internet xoga a prol nosa. Así nace DondeestaLaika.com, un proxecto con mascota real -Lima- unha bulldog francesa compañeira dun grupo de informáticos freelancers que puxeron en marcha esta aplicación que, coa axuda de todas e todos, fai posible atopar mascotas perdidas que teñan chip ou cartón identificativo.
E como se atopa a un animal extraviado? Unha vez lido o chip da mascota atopada e enchendo o formulario da web, o que facemos é introducir o punto de localización exacto da mascota nunha base de datos e unha vez rexistrado, agardamos a que o seu propietario orixinal comece a procurala escribindo o número do chip no buscador e poñéndose logo en contacto. No caso do dono ou dona do animal extraviado, terá que teclear o chip do mesmo no buscador e se a persoa que o a atopou xa o deu de alta na base de datos da web, a mascota sairá localizada nun Google Maps para que ambas partes se poñan en contacto para devolver o animal ao propietario.
E como se financia esta idea? Pois a través de publicidade xeolocalizada, ou sexa: segundo onde viva o cliente apareceralle a empresa que puxese publicidade.
Asemade, existen maneiras de doazón a clínicas veterinarias para que poidan axudar a propietarios sen recursos e doazóns a ONG e hospitais veterinarios para que axuden a mellorar a calidade de vida dos bulldogs franceses. Emporiso, o día que non haxa ingresos para manter a web, o proxecto chegará ao seu remate segundo apuntan os propios creadores.
Dondeestalaika.com colabora con diversas ONG que teñen como fin o coidado e respecto a estes animais e colaborará con todas aquelas que teñan esta finalidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?