Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación Nubelo permite aceptar e desbotar convites a entrevistas laborais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación Nubelo permite aceptar e desbotar convites a entrevistas laborais

Redacción
Publicado: 22/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nubelo.jpgFerramentas para buscar traballo e ofrecelo hai unha chea delas, pero se cadra había certos baleiros no que se refire a permitirnos xestionar os procesos de contacto coas empresas e cos profesionais potencialmente “contratadores” e “contratados”. Para cubrir este oco vén de xurdir precisamente Nubelo, unha aplicación que nos permite aceptar ou desbotar convites a entrevistas de emprego, e coa vantaxe de poder facelo “cun só aceno”. Segundo informan os seus desenvolvedores, trátase dunha ferramenta móbil baseada en asegurar a fórmula do perfect match entre candidato e empresa. Ou sexa, da “sintonía” máis axeitada. Polo tanto, a prioridade desta tecnoloxía non é achegarnos unha gran cantidade de oportunidades laborais, senón o feixe delas que saliente polo factor “calidade”.
nubelo_pantalla_detalle.jpgO alicerce de Nubelo é un algoritmo que recomenda ás empresas candidatos afíns ás súas necesidades laborais para que poidan convidalos a entrevistas, podendo estes aceptalas ou descartalas “coma se fosen citas ao estilo Tinder”. É dicir, explican os seus responsables, “cando unha empresa publica un emprego, o algoritmo de Nubelo aconsella os candidatos máis acaidos, co que poderán enviar solicitudes de entrevistas para que ambas as partes poidan falar sobre o proxecto ou o posto en cuestión”.
Trátase pois dun simple convite a atoparse e falar, sinala dende Barcelona o director executivo de Nubelo, Francesc Font, quen engade que “primamos a calidade antes có volume de ofertas de traballo”. Así, os candidatos só recibirán ofertas que realmente encaixen coas súas preferencias grazas ao Big Data e toda a información dispoñible nos seus perfís dentro da aplicación de Nubelo, que se pode descargar xa para as plataformas Android e iOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?