Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os participantes de VíaGalicia presentaron en Lugo os seus proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os participantes de VíaGalicia presentaron en Lugo os seus proxectos innovadores

Redacción
Publicado: 22/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

via_galicia_lugo.jpgLugo reunía hoxe aos emprendedores da zona norte de Galicia no marco do programa de aceleración ViaGalicia, que conta con dúas sedes, unha en Vigo e outra (por primeira vez nesta edición) en Lugo, xestionada dende a Fundación CEL- Iniciativas por Lugo. A xornada de hoxe –Demo Day Lugo– acollía a vinte proxectos empresariais que superaron xa varias fases de preselección e selección (inicialmente presentáronse 309 candidaturas entre Lugo e Vigo). Logo dun período de formación ou academia, entran agora na recta final de ViaGalicia, na que compiten con outros vinte proxectos da sede de Vigo, que celebrará unha xornada de demostración (Demo Day) mañá, para optar a unhas das quince prazas da fase final de aceleración, que terá lugar nunha única sede (o Centro de Negocios de Porto do Molle en Nigrán, Pontevedra).
Nesta última fase, os quince proxectos emprendedores seleccionados (que se darán a coñecer o 29 de xaneiro) recibirán unha contribución financeira de ata 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación e Xes Galicia, e os outros 50.000 polo Consorcio a través da sociedade de capital-risco Vigo Activo.
Indo á Demo Day Lugo (#DemoDayLugo) de hoxe, cómpre dicir que os emprendedores tiveron a posibilidade de expor ante o comité técnico avaliador, entidades colaboradoras e observadores pertencentes ao ecosistema emprendedor, o seu proxecto a través dunha breve presentación ou pitch. A sesión prolongouse ao longo de toda a mañá, dividida en dúas roldas de presentacións e un peche final no que se lles fixo entrega dun diploma acreditativo da súa participación na fase de academia de ViaGalicia.
Engadir por último que dende a Fundación CEL salientan a grande dificultade á hora de elixir gañadores, pois o talento emprendedor da zona norte en Lugo resultou “de dez” para eles. Asemade, tamén é preciso subliñar a variedade das propostas, vinte proxectos que hoxe se someteron á avaliación de ViaGalicia, entre eles hai: un comparador en liña de perfumaría e cosmética; unha ferramenta para preparar as oposicións online; unha plataforma para servizos domésticos; outra plataforma especializada en formadores; proxectos de produción de queixo artesán ou de produción e comercialización de algas; unha moblería artesanal; unha plataforma de fotografía histórica; un proxecto de produción de embrións bovinos in vitro; un proxecto de deseño e fabricación de trikes reclinados; unha solución para smart homes ou mesmo un proxecto de elaboración de produtos con fariña de castaña. Para obter máis información cómpre visitar as webs da Fundación CEL e de ViaGalicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?