Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra e a EOI impulsan o coworking en Barro-Meis e Lalín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra e a EOI impulsan o coworking en Barro-Meis e Lalín

Redacción
Publicado: 25/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_eoi.jpgA Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI) veñen de formalizar un acordo para cooperar en materia de emprendemento e a innovación. Máis polo miúdo, a intención é traballar de maneira conxunta a prol da creación e consolidación de novas e innovadoras iniciativas de mercado a través da fórmula do coworking. Estas metodoloxías de traballo cooperativo aplicaranse, concretamente, nos polígonos de Barro-Meis e Lalín, onde a Deputación de Pontevedra conta con instalacións de seu (rede CPAE 2.0).
Á sinatura do acordo asistiron a presidenta da Deputación, Carmela Silva; o subsecretario de Industria, Enerxía e Turismo e presidente de EOI, José María Jover; e o director xeral de EOI, Fernando Bayón, ademais do deputado de Cooperación, David Regades, os alcaldes de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, de Meis, José Luis Pérez Estévez, e o tenente de alcalde de Lalín, Nicolás González Casares.
Segundo aclararon, o obxectivo principal deste acordo é “fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos que participen destes espazos de coworking”, nun período limitado de tempo, identificando os proxectos con máis potencial de desenvolvemento. A EOI e a Deputación de Pontevedra sinalaron na sinatura que “estas actuacións para a promoción e o coworking son fundamentais para impulsar o emprendemento e unha sociedade de homes e mulleres que teña capacidade para poder crear as súas empresas”.
Tanto en Barro-Meis como en Lalín, os proxectos de traballo cooperativo terán as mesmas características. Desta forma, a EOI e a Deputación realizarán catro convocatorias en cada localidade, cunha duración cada unha delas de 5 meses, dando cabida a entre 16 e 22 proxectos emprendedores. Ademais, os beneficiarios destes espazos seguirán un proceso de asesoría personalizada de 40 horas por parte de expertos da EOI e recibirán 60 horas de formación, grazas a obradoiros para potenciar o desenvolvemento de competencias en emprendemento e en xestión de proxectos.
Lembrar que o viveiro de empresas de Barro-Meis dispón de tres espazos de coworking de 37 metros cadrados cada un e con doce postos de traballo en total. Pola súa banda, o de Lalín conta cun espazo de coworking de 92,1 metros cadrados e con capacidade para 16 postos de traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?