Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os empresarios de Deza apostan polo galego na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os empresarios de Deza apostan polo galego na Rede

Redacción
Publicado: 25/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160123_aedeza_01.jpgO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou o pasado sábado na presentación da renovada páxina web corporativa da Asociación de Empresarios de Deza (AED), que pasa a ter dominio .gal, así como do novo portal específico en materia de emprego. Ámbalas dúas iniciativas que contan co apoio económico da Consellería (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística), posto que son un exemplo da potenciación do uso do galego desde o mundo empresarial, tal e como persegue o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.
Neste sentido, Román Rodríguez (que estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García) lembrou o traballo desenvolvido polo seu departamento, en conxunto cos diferentes axentes implicados no sector económico, para artellar un documento que se implementará progresivamente nas diferentes áreas ao longo dos vindeiros cinco anos.
20160123_aedeza_02.jpg Trátase de 84 medidas distribuídas en 10 áreas (hostalaría, comercio, alimentación, TIC, construción e inmobles, banca, asesoramento e intermediación, axencias de publicidade, área de traballo e cooperativismo) que perseguen un obxectivo común: potenciar o uso do idioma propio no eido empresarial entendéndoo como un valor económico, tanto dentro como alén das nosas fronteiras. Porque o certo é que o galego, en palabras do conselleiro, “ábrenos as portas en mercados emerxentes do mundo lusófono”, o que implica tamén a posibilidade de obter beneficios económicos.
Pero ademais, esta dinamización do idioma na empresa debe entenderse tamén como unha oportunidade para aumentar o seu uso na sociedade en xeral, tendo en conta o importante papel que xogan as empresas á hora de crearen comportamentos. De feito, un dos obxectivos específicos recollidos no Plan, ademais de estender o emprego da lingua galega nas relacións laborais, comerciais e empresariais; é o de fomentar nos consumidores o hábito de usaren e reclamaren a atención comercial en galego.

Chamamento á implicación da sociedade

Neste contexto, o conselleiro fixo fincapé na utilidade de contar con páxinas webs empresariais en galego (como é o caso da AED) porque favorecen o uso do idioma entre os usuarios, revertendo tamén no público xeral. Deste xeito, agradeceu o respaldo das diferentes empresas e asociacións a esta estratexia, posto que –destacou Román Rodríguez– “só desde a colaboración e a implicación de toda a sociedade galega poderemos preservar un dos nosos bens patrimoniais máis prezados: a nosa lingua”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?