Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago e as Cidades Patrimonio estrean páxina web e aplicación móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago e as Cidades Patrimonio estrean páxina web e aplicación móbil

Redacción
Publicado: 25/01/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cidades_accesibeis_presentacion.jpgA pasada semana (do 20 ao 24 de xaneiro) tiña lugar en Madrid a Feira Internacional de Turismo (FITUR) na que quixeron estar presentes o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) para presentar a súa nova páxina web e máis a aplicación móbil Ciudades Patrimonio Accesibles. Cómpre dicir que ambas ferramentas foron creadas polo GCPHE coa colaboración da Plataforma Representativa de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF) e o financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Belas Artes. O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, asistiu no stand de Turespaña á presentación destas ferramentas xunto cos demais rexedores das Cidades Patrimonio.
A nova web recolle a información sobre o nivel de accesibilidade de rutas urbanas e puntos de interese turístico das 15 cidades que forman parte do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España: Santiago de Compostela, Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
A información das rutas e puntos de interese turísticos é descritiva para que cada persoa poida realizar unha elección en función das súas necesidades específicas de accesibilidade. Parte da información está dispoñible en Lectura Sinxela, un método de redacción que fai accesible os textos a persoas con dificultades de comprensión lectora.
cidades_patrimonio_web.jpgSegundo nos conta o Concello de Santiago, a páxina web é responsive e a súa aparencia adáptase ao tipo de dispositivo dende o que se está consultando. Amais, cumpre cos criterios de accesibilidade do nivel AA establecidos pola WAI (Web Accessiblity Initiative) do W3C (World Wide Web Consortium).
A información publicada no portal está tamén dispoñible na aplicación móbil de turismo accesible TUR4all, promovida por PREDIF e a Fundación Vodafone España, e na app Cidades Patrimonio Accesibles. Todas estas ferramentas nútrense da mesma base de datos e achegan información sobre aloxamentos, restaurantes, oficinas de turismo, monumentos, museos e centros culturais, espazos lúdicos, espazos de congresos, espazos naturais e rutas peonís.
A aplicación Cidades Patrimonio Accesibles é de balde e está dispoñible en Android e iOS. Os seus contidos facilitan a planificación da visita ás cidades Grupo e a propia experiencia en cada cidade. As funcións da app son as seguintes: Cidades, achega a información das rutas e puntos de interese turísticos accesibles das 15 Cidades Patrimonio; O máis achegado, recoñecendo a posición GPS do usuario permítelle identificar as cidades e puntos de interese turístico máis próximos, e a ruta ata eles a través do navegador que empregue por defecto no móbil ou na tableta; Buscador permite localizar as rutas e puntos de interese turístico segundo a cidade, tipo de establecemento ou por palabra clave, e acceder á información que lle interesa; e a Axenda achega a información sobre os eventos que se celebrarán nas 15 Cidades Patrimonio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?