Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia presenta as súas iniciativas emprendedoras en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia presenta as súas iniciativas emprendedoras en Vigo

Redacción
Publicado: 25/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160123_viagalicia_01.jpgO pasado sábado o director de Xesgalicia, Juan Cividanes, participou en Vigo na xornada de presentación dos 20 proxectos emprendedores seleccionados na actual convocatoria de ViaGalicia, onde destacou os diferentes servizos e instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar o desenvolvemento de novos proxectos empresariais.
Cividanes lembrou o compromiso do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, co que se apoiarán os proxectos seleccionados en ViaGalicia, cos proxectos innovadores impulsados por novos emprendedores, e engadiu que nestes momentos está activada polo IGAPE a convocatoria para 2016 do programa Galicia Emprende, dotada con 3,7 millóns de euros en axudas para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou investimentos en empresas de recente creación.
20160123_viagalicia_02.jpg Máis de 300 proxectos emprendedores concorreron á vixente convocatoria de ViaGalicia. Foron seleccionados 40, 20 para a sede de Vigo e 20 para a sede de Lugo, que acaban de rematar a fase de academia, na que puideron dispoñer de formación e asesoramento experto para completar e mellorar o seu modelo de negocio.
A maioría dos proxectos presentados do Demoday do sábado están centrados nas TIC ou parten destas novas tecnoloxías para impulsar o desenvolvemento de produtos ou servizos en ámbitos como a saúde, medio ambiente, alimentación ou téxtil.
O comité técnico de ViaGalicia, do que forman parte Xesgalicia e a Axencia Galega de Innovación, deberá seleccionar agora os 15 finalistas que poderán participar no proceso de aceleración, que terá lugar nas instalacións de Porto do Molle. Este ano terán prioridade os proxectos que destaquen no eido do emprendemento innovador, centrado nos grandes retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
Cada un dos 15 proxectos finalistas poderá acceder a financiamento por importe de 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados por Xesgalicia e GAIN, e os 50.000 restantes polo Consorcio Zona Franca a través da sociedade de capital risco Vigo Activo. Por outra banda, os proxectos seleccionados contarán con servizos personalizados de mentoring e un espazo gratuíto de coworking en Porto do Molle.
Ademais do Fondo de capital risco Galicia Iniciativas Emprendedoras e do programa Galicia Emprende e, a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén igualmente activados servizos de formación e asesoramento, así como outros instrumentos para financiar proxectos emprendedores, especialmente os de carácter innovador, como os fondos XesInnova e i2C; a Rede galega de investidores particulares, preparada para facilitar a confluencia de recursos públicos e privados; ou a liña de préstamos directos Jeremie.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?