Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os clientes de Movistar Fusión+ poderán gozar do que resta da Champions e da Europa League sen custo adicional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os clientes de Movistar Fusión+ poderán gozar do que resta da Champions e da Europa League sen custo adicional

Redacción
Publicado: 27/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

movistar_futbol.jpgHai un par de semanas sabiamos que Movistar facíase cos dereitos do fútbol para as vindeiras 3 tempadas, quedando por coñecerse as condicións nas que os clientes actuais de Movistar+ poderían acceder na presente tempada aos contidos dos que actualmente carecía, a Champions e a Europa League, e finalmente a compañía anuncia que os clientes de Movistar Fusión+ recibirán os contidos destas competicións sen custo adicional durante os vindeiros meses.
Con esta incorporación Telefónica convértese no operador do mercado español coa oferta máis completa de fútbol: Liga BBVA, Liga Adelante, Ligas europeas (Calcio, Premier, Bundesliga…), Copa do Rei, partidos de clasificación de seleccións á Eurocopa 2016, e agora a UEFA Champions League e a Europa League.
1456663_10153772421749144_1336416038863679867_n.jpgA canle beIN Sports, que permite o acceso a todos os partidos das dúas principais competicións europeas de fútbol, estará dispoñible no paquete familiar tanto para novos como actuais clientes de Movistar Fusión+, en calquera das súas modalidades de velocidade (300 ou 30 Mbps), e tanto para as tecnoloxía de satélite como ADSL ou fibra. O usuario non terá que pagar ningún prezo adicional para ver os partidos de Champions e Europa League.
Tamén estará incluído na súa oferta o acceso á canle beIN Sports para todos os bares, restaurantes e cafeterías e que teñan contratado Movistar+ con Telefónica, en calquera modalidade de velocidade ou tecnoloxía de conexión.
Os clientes de Movistar+ tamén poderán gozar da canle BeIN Sports a través de Yomvi nos seus smartphones, tabletas, ordenadores…
Os clientes poderán acceder aos partidos de oitavos de final da UEFA Champions League que comezan o vindeiro 16 de febreiro, entre eles aqueles en os que están inmersos os tres equipos españois, Atlético de Madrid, Barcelona CF e Real Madrid. Tamén nos seguintes días os afeccionados ao fútbol poderán seguir as eliminatorias da Europa League, onde Athletic de Bilbao, Sevilla, Valencia e Vilarreal son os equipos españois en liza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?