Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día Mundial do Community Manager en Pontevedra (Social Media Day) para analizar a situación actual das redes sociais.
Tamén destacamos outros temas como:
– Gradiant, socio tecnolóxico de referencia para o programa Retos do MINECO
– A USC e Balidea impulsan un sistema para verificar gobernos abertos
– Plena actividade para a ferramenta LocYu do CITIC que facilita a busca do coche estacionado
– O CITIC xuntou ducias de expertos internacionais en algoritmos avanzados
– Telefónica aposta no Gaiás por subirnos ao carro da industria 4.0
– En marcha Turespazo, canle dixital ao servizo do sector turístico
– Dispoñible para todos os internautas o Digalego de Ir Indo
– Entrevistamos a Carlos Conde, presidente de Ineo
– O Concello de Santiago e as Cidades Patrimonio estrean web e aplicación móbil
– O CESGA participa nun proxecto para rendibilizar a nosa pesca
– As galegas e os galegos preferimos as canles tradicionais para acceder á cultura
– A Deputación de Pontevedra impulsará a capacitación dixital entre as PEME
– Francesc Pumarola enche o pazo provincial pontevedrés cun relatorio sobre redes sociais
– A nosa terra ferve de actividades e propostas arredor do software libre
– Divulgacción achéganos á Teoría da Relatividade de Albert Einstein
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo

