Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone confirma cun novo informe que segue pola senda do medre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone confirma cun novo informe que segue pola senda do medre

Redacción
Publicado: 04/02/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vodafone-6.jpgFiel ao seu programa de presentacións anuais, Vodafone vén de amosar as súas contas relativas ao terceiro trimestre do ano fiscal, ou sexa as relativas ao período comprendido entre o 1 de outubro ao 31 de decembro de 2015. Como datos salientables, sinalar que a operadora foi quen de facturar neste treito de tempo un total de 1.256 millóns de euros, ou sexa un 1,3% menos que no mesmo trimestre do ano anterior. Polo que atinxe a ingresos por servizo, estes situáronse en 1.116 millóns de euros, un 3,1 menos ca no mesmo período de 2014. Segundo puidemos saber, esta última cifra, sendo negativa, non o é tanto. De feito, se se desbotan dela as consecuencias do cambio do modelo de financiamento de móbiles, o medre dos ingresos por servizo situaríase nun 0,7%.
Esta taxa positiva, que achegaría para Vodafone o “privilexio” de encanar o seu segundo trimestre consecutivo de medre, confirmaría o que xa se supuña: que Vodafone One vai polo bo camiño. De feito, no último trimestre o número de clientes subscritos á oferta de servizos converxentes de Vodafone creceu en 360.000 e xa supera os 1,14 millóns. No informe da operadora tamén se destaca o recoñecemento recibido en decembro de mans da consultora P3, unha distinción que a situaba como a mellor de España en materia de voz e datos, tal e como sinalamos dende Código Cero. No informe de P3, no que tamén colaborou Connect, sinalábase que a rede de Vodafone foi quen de acadar os tempos de establecemento de chamada máis curtos e a mellor calidade de voz comparada coas redes dos seus competidores. Este recoñecemento, informa agora a operadora, “reflicte o esforzo investidor realizado nos últimos exercicios que se está completando co despregamento progresivo da banda de 800 Mhz para mellorar a calidade dos servizos 4G”.
O parte informativo da compañía tamén lembra que nos últimos tres meses a carteira de clientes de telefonía móbil de Vodafone España aumentou en 69.000 ata os 14.255.000, “impulsada pola base de usuarios de contrato, que engadiu 83.000 novas altas netas no período”. Pola súa banda, o número de clientes de 4G de Vodafone, con tarifa e terminal, elevouse en 460.000 ata acadar os 4,8 millóns. Ademais, durante o trimestre mantívose “o forte ritmo de adopción dos servizos de fibra”, con 89.000 novos clientes para superar os 1.900.000. “Este incremento”, explica a compañía, “contribuíu a elevar a base de usuarios de banda larga fixa ata os 2.960.000”.
Polo que atinxe a Vodafone TV, o pasado 31 de decembro de 2015 a carteira superou o millón de espectadores, “un fito logrado tras medrar no últimos tres meses en case 100.000 subscritores”, explícase no informe, engadíndose que “esta tendencia positiva viuse reforzada pola aposta por ofrecer sempre os mellores contidos, por exemplo o catálogo de Netflix a través do servizo de videoclub, proposta que se completa co mellor fútbol nacional e internacional”.
Polo que respecta á banda larga ultrarrápida, Vodafone salienta o papel xogado polo programa Spring, grazas ao cal a empresa de telecomunicacións foi quen de acelerar o despregamento de redes de nova xeración durante os exercicios 14/15 e 15/16 (a orixe do recoñecemento outorgado pola devandita consulta P3).
No informe tamén se recorda que a cobertura 4G de Vodafone España supera a día de hoxe o 89,7% da poboación, 5,7 puntos porcentuais máis que ao peche de setembro. Na actualidade, a rede 4G de Vodafone esténdese a máis de 2.176 concellos españois, 360 máis que a finais do trimestre anterior.
Lembrar que a operadora ofrece a maiores servizos 4G+ (LTE-A) que duplican a velocidade de descarga de datos en 280 concellos, 98 máis que a fin de setembro. “Esta tecnoloxía”, explica a operadora, “fornece velocidades de ata 260 Mbps, mediante a agregación das bandas de 1800 e 2600 MHz”. Así, o despregamento da banda de 800 Mhz xa está dispoñible en 1.827 municipios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?