Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis impulsa unha ferramenta TIC que permitirá previr a obesidade na nenez
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis impulsa unha ferramenta TIC que permitirá previr a obesidade na nenez

Redacción
Publicado: 05/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

everis_meal.jpgA Universitat de València (UV) e a firma tecnolóxica Everis (da que falamos recentemente para dar conta da apertura na nosa terra do centro eJKC, posto en marcha co centro tecnolóxico galego Gradiant para impulsar tecnoloxías de eSaúde e envellecemento activo) veñen de impulsar un proxecto para a posta en marcha dunha ferramenta TIC destinada a previr a obesidade infantil, un problema crecente na sociedade na que vivimos e que cómpre atallar co fin de evitarlles aos nenos múltiples problemas futuros de saúde. O proxecto (MEAL) foi presentado os días pasados na Facultat de Psicologia da UV. Contou con 500.000 euros procedentes da Comisión Europea, e nel participou a UV como experta en desordes psicolóxicas e tratamentos da obesidade infantil.
MEAL fornece unha ferramenta TIC que achega formación para profesores, estudantes e profesionais da nutrición, permitíndolles adestrar aos nenos en materia de educación nutricional básica e en condutas alimentarias saudables.
Para facernos unha cifra da envergadura do problema que se pretende atallar con MEAL, lembrar que a Comisión para o Fin da Obesidade Infantil da Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que a día de hoxe máis de 42 millóns de nenos menores de cinco anos son obesos. A cifra aumentará a 70 millóns con 2025.
MEAL ofrece unha plataforma web para facilitar o ensino da nutrición nos centros educativos. Baséase nunha metodoloxía formativa que permite aprender coñecementos nutricionais e adestrar á rapazada en habilidades a través de xogos educativos para dar forma a menús saudables. A ferramenta está deseñada para nenos de entre 9 e 12 anos, e posibilita que os menores continúen practicando nas súas casas.
O proxecto MEAL (Modifying Eating Attitudes and Actions through Learning) contou, tamén, coa actividade e experiencia de tres socios europeos (amais de Everis e a Universidade). Nos ensaios precisos para o seu desenvolvemento participaron 147 alumnos de catro centros. Segundo reflicte Everis, os docentes dos catro países participantes na iniciativa coinciden en asegurar que a plataforma “facilita a transferencia do coñecemento nutricional aos nenos, e ademais resulta útil, rápida, segura e cómoda de empregar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?