Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea apoiou unha xeira deportivo-tecnolóxica con sesenta nenos de Chernóbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea apoiou unha xeira deportivo-tecnolóxica con sesenta nenos de Chernóbil

Redacción
Publicado: 02/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_chernobil.jpgA empresa galega Balidea está a amosar unha importante vertente solidaria. Se hai uns días falamos en Código Cero dos seus desenvolvemento tecnolóxicos para a saúde cántabra e para o Concello de Terrassa (Catalunya), agora é a quenda de informar do seu apoio ao programa de acollida de nenas e nenos de Chernóbil levado a cabo pola Asociación Ledicia Cativa. Máis polo miúdo, este apoio materializouse nunha xornada de convivencia celebrada este sábado 30 de xullo na praia de Sabón, en Arteixo, ao abeiro das actividades do campus de verán da Escola de Fútbol Praia RA10, impulsada polo xogador Ramiro Amarelle.
O respaldo de Balidea con estas actividades ten a súa razón de ser na necesidade de botar unha man cun colectivo de nenas e nenos residentes en Rusia, Ucraína e nos países da contorna que, lonxe de ser testemuñas dunha diminución dos problemas derivados do accidente nuclear acontecido en 1986 (debido aos anos transcorridos), son vítimas dun incremento das doenzas oncolóxicas provocadas (aínda) pola radiación. Os nenos (arredor duns sesenta) que participan no programa de Ledicia Cativa proceden da rexión rusa de Briansk, unha das máis afectadas pola radiación de Chernóbil.
Balidea convidounos por segundo ano consecutivo a participar nunha xornada de convivencia dentro do programa de actividades do campus de verán da Escola de Fútbol Playa de Ramiro Amarelle. Ademais, co engadido extra de acompañaren a súa xeira deportiva coa presenza da tecnoloxía Adestrapp de Balidea, que como lembraremos permite a gravación e visualización de imaxes deportivas que logo se poden ver ao detalle co fin de corrixir erros e mellorar as técnicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?