Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra celebra o Día da Xuventude cunha convocatoria de selfies nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra celebra o Día da Xuventude cunha convocatoria de selfies nas redes

Redacción
Publicado: 12/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

carmela_silva_dia_xuventude.jpgA Deputación de Pontevedra quixo celebrar este 12 de agosto o Día Internacional da Xuventude (convocatoria mundial da ONU). Segundo fixo saber a presidenta da entidade provincial, “o obxectivo é promover unha xuventude participativa, comprometida coa sociedade e co benestar colectivo, coa educación, co emprego, coa saúde e co medio ambiente”. Silva lembrou que a Deputación ten arestora un servizo específico de xuventude, ao que se destinan 4,1 millóns de  euros no 2016. Como actividade principal da celebración, a institución festexou a xornada cunha xeira colectiva de selfies e fotografías “co fondos e marcos creados para a ocasión”.
A través da iniciativa, que ten por obxectivo “fomentar a participación das mozas e mozos da provincia”, divulgaranse as imaxes obtidas nas redes sociais. En concreto, máis de 150 mozas e mozos participantes nas actividades de DepoRúarte da Deputación xa están a subir as imaxes dende primeira hora da mañá a través das etiquetas #diadaxuventude, #deporuarte e #depoaventura.
Carmela Silva lembrou ademais os programas que a institución provincial está a levar a cabo desde as áreas de xuventude e emprego centrados nas mozas e mozos da provincia. Así, a presidenta provincial falou do programa DepoRúarte (que está a artellar en 52 concellos de menos de 50.000 habitantes espazos de lecer alternativos e innovadores para a xuventude, con actividades educativas saudables e modernas) ou da iniciativa En Ruta coa Depo (23 roteiros que inclúen, entre outras cousas, surf, kaiak, visitas guiadas pola Ría de Vigo, O Morrazo ou O Grove).
Tamén lembrou a importancia para a mocidade de programas como SmartPEME, a nova andaina da rede CPAE 2.0 (o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, iniciativa constituída por seis centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías e con sedes en Lalín, Cambados, Vigo, Pontevedra, Ponteareas e Porriño).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?