Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribadumia salienta a boa acollida da súa nova aposta dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribadumia salienta a boa acollida da súa nova aposta dixital

Redacción
Publicado: 01/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ribadumia_web.jpgA mediados de xuño o Concello de Ribadumia (Pontevedra) presentou a súa nova presenza na web, dispoñible en ribadumia.org, unha aposta firme pola facilitade de uso e pola utilidade que se complementou, no plano integrador, cunha aplicación participativa para dispositivos que fornece avisos á veciñanza en tempo real das actividades e notificacións do Concello. Agora, dous meses despois da posta en marcha do servizo (desenvolvido polos profesionais da firma Galimaxina e coa colaboración de todos os traballadores da Administración local), o Executivo de Ribadumia fixo reconto do acadado: o alcance da nova web e a aplicación e o comportamento das páxinas municipais nas redes sociais. Para comezar, o Concello salientou que “en apenas dous meses de funcionamento a web recibiu preto de 3.000 visitas”.
O Goberno local tamén destacou a porcentaxe de novas visitas á web, “que vai en incremento”. De feito, sinalou, a día de hoxe un 75% son novas conexións, “o que significa que esta ferramenta está tendo unha boa integración, e moita xente está a coñecer a páxina oficial do Concello e a beneficiarse da información que alí se recolle”.
Os responsables da posta en marcha de ribadumia.org tamén fan fincapé na vertente de transparencia do portal, dende o que se permite que os veciños e veciñas poidan ver (entre outras cousas) as declaracións de bens dos diferentes membros da corporación local, e acceder a outros documentos como as actas dos plenos aprobadas ata o de agora, ou o modelo de instancia para presentar no consistorio. “O obxectivo”, explicou o Goberno local, “é axilizar os procedementos para os veciños e que teñan á súa disposición a maior información posible”.
En canto aos datos da plataforma e a aplicación omeuconcello.ribadumia.org, o Concello informou que son xa preto de 9.000 as visitas recibidas, con varios minutos de navegación en cada unha delas, “unha mostra clara do alto interese que esta a xerar esta plataforma”.
No que atinxe ás redes sociais, o Goberno de Ribadumia tamén salientou a súa traxectoria recente no Facebook, onde os seareiros da páxina incrementáronse nun 30% nos últimos meses, e cuxas publicacións acadan xa as 13.000 persoas semanais, dato que cómpre sumar ao incremento das interaccións coas publicacións, que é dun 27%, o que indica, en palabras do Consistorio, “o alto interese que suscita o que se comparte neste portal, e que moitas persoas seguen a vida do concello a través desta rede social”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?